Proxectos

Desenvolvemento de capacidades técnicas con boas prácticas produtivas e de comercialización con enfoque de xénero e medio ambiente en pescadores mariscadores e as súas familias do litoral de Sechura (Piura, Perú)

O presente proxecto propón profundar, consolidar e ampliar os resultados obtidos durante o tempo de intervención na zona por parte da contraparte local. Exponse traballar cos pescadores mariscadores e as súas familias na elaboración e implantación de estratexias integrais que os leven desde a mellora de procesos produtivos ata a comercialización, que iso se volva sustentable e que lles permita o desenvolvemento da súa competitividade.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Axentes: 
AMIGOS DE ESCAES-PERÚ
ANFACO-CECOPESCA - Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos
Contraparte: 

ONG Escuela Campesina de Educación y Salud – ESCAES
 

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecer as capacidades técnico-produtivas dos pescadores mariscadores e as súas familias, con equidade de xénero, intensificando a actividade de diversificación e comercialización acuícola, garantindo a sustentabilidade dos recursos pesqueiros con boas prácticas produtivas e coidado do medio ambiente.

Obxectivo específico:
Contribuír ao desenvolvemento de capacidades técnico-produtivas dos pescadores mariscadores con cualificación técnica, á diversificación de cultivos con boas prácticas sanitarias, coidado do medio ambiente e da prevención de riscos.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Pescadores mariscadores capacitados con equidade de xénero, aseguran a sustentabilidade dos recursos mariños con boas prácticas sanitarias, coidado do medio ambiente e entenden e interpretan os procesos bio-oceanográficos que inciden sobre o ecosistema mariño, cumpren coas normativas que esixe a autoridade do sector para desenvolver a actividade acuícola, involúcranse nas actividades do cultivo, xeran as súas propias fontes de ingresos económicos e melloran a súa calidade de vida.
Actividades
A.1.1: Dous talleres sobre boas prácticas produtivas dirixidos a 20 pescadores mariscadores. 2 talleres/20 persoas/1 día.
A.1.2: Dous talleres sobre coidado do medio ambiente, dirixidos a 20 pescadores mariscadores de asociacións involucradas. 2 talleres/20 persoas/1 día.
A.1.3: Fortalecemento de capacidades en mantemento de sistemas e materiais de cultivo suspendido de cuncha de abanico das asociacións de pescadores mariscadores das caletas do litoral de Sechura.
A.1.4: Dous talleres sobre manexo e mantemento de equipos complementarios que contribúen á mellora tecnolóxica das actividades produtivas das asociacións de Pescadores mariscadores. 2 talleres/20 persoas/1 día.
A.1.5: Orientación documental na actividade acuícola.
A.1.6 Fortalecemento da Rede de monitoreo ambiental e realización de monitoreos ambientais e análises de mostras bio-oceanográficas con maior cobertura na Baía de Sechura.

Resultado 1.2:
Pescadores mariscadores capacitados con equidade de xénero, garanten produtos de calidade orientados ao mercado local e nacional.
Actividades
A.2.1: Dous talleres sobre produción e comercialización de moluscos das áreas de cultivo das asociacións de Pescadores mariscadores. 2 talleres/ 20 persoas/1 día cada un.
A.2.2: Comercialización de produtos mariños con valor engadido, envasados ao baleiro procedentes das áreas de cultivo das asociacións de Pescadores mariscadores orientados ao mercado local e rexional.

Resultado 1. 3: Pescadores/as mariscadores/as, asumen roles importantes na comunidade ante a violencia de xénero e desenvolven capacidades en xestión de pequenos emprendimientos produtivos na Baía de Sechura.
Actividades
A.3.1: Tres talleres sobre violencia de xénero.
A.3.2: Desenvolvemento de capacidades en artesanía mariña en mulleres pescadoras mariscadoras do litoral de Sechura.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Total 3.060 beneficiarios/as directos: 540 pescadores-maricultores organizados en 18 Asociacións e as súas familias (aproximadamente 2.430 persoas); Os comités de desenvolvemento comunal, AMAPAFAS (Asociacións de Nais e Pais de Familia) e CONEIs (Consellos Educativos Institucionais) das Institucións Educativas; 11 Institucións Educativas dos niveis inicial, primaria e secundaria: cun estimado de 1.548 alumnos e 46 profesores; 36 promotores que se encargan do monitoreo da Rede Ambiental, 10 líderes e 10 autoridades da comunidade.

Indirecta: Poboación total das 5 caletas, aproximadamente 9.536 persoas adicionais, e poboación do distrito de Sechura, aproximadamente 21.500 persoas. Total: 31.036 persoas.

 
 

Axudas: 

75.671,00 € (2014)