Proxectos

Desenvolvemento de sistemas asociativos, produtivos e comerciais alternativos priorizando a soberanía alimentaria e o respecto ao medio ambiente con principios de equidade de xénero en Esmeraldas, Ecuador (I Fase)

O presente proxecto enmárcase nunha intervención global dividida en 2 fases dun ano de duración. A solicitude presentada á Xunta de Galicia corresponde á primeira fase de intervención (1 de xaneiro de 2014 a 31 de decembro de 2014) e propón o desenvolvemento de sistemas asociativos, produtivos e comerciais alternativos de 9 organizacións produtoras de cacao nos cantóns Eloy Alfaro e Quinindé na provincia de Esmeraldas – Ecuador.
No ámbito asociativo proponse o desenvolvemento de plans de formación orientados a consolidar capacidades para a incidencia territorial local. No ámbito de soberanía e seguridade alimentaria proponse desenvolver procesos formativos e de promoción para o impulso de soberanía, seguridade alimentaria e mellora na nutrición. No ámbito produtivo agrícola proponse desenvolver un modelo de leira de cacao nacional fino de aroma aplicando técnicas de rehabilitación e manexo integral de coidado ao ambiente, orientado a mellorar os niveis de produtividade. E no ámbito de comercialización proponse incrementar os niveis actuais de comercialización da Rede comunitaria a través da empresa social de MCCH Agromaquita.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Esmeraldas (provincia)
Axentes: 
MANS UNIDAS
Contraparte: 

Fundación Maquita Cushunchic - Comercializando como Hermanos
 

Código CRS: 
43040 - Desenvolvemento local
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorar as condicións de calidade de vida de familias campesiñas dos cantóns de Eloy Alfaro e Quinindé na provincia de Esmeraldas, a través do desenvolvemento de sistemas asociativos, produtivos comerciais alternativos, priorizando a soberanía alimentaria e o respecto ao medio ambiente, con principios de equidade de xénero.
Obxectivo específico: Fortalecida a Rede comercial comunitaria de 8 organizacións de base e 1 organización de 2do grao dos cantóns Eloy Alfaro e Quinindé a través da consolidación das capacidades a nivel asociativo, produtivo e comercial; con principios de equidade de xénero, soberanía alimentaria e medio ambiente.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Consolidadas as capacidades asociativas para a incidencia social e política das 8 organizacións de base e 1 organización de 2do grao, fomentando a seguridade e soberanía alimentaria das familias e territorios.
Actividades
A.1.1. Socializar a proposta de implementación do proxecto aos representantes das 8 organizacións de base e 1 organización de 2do grao.
A.1.2. Dirixir talleres de actualización de Plans Estratéxicos de Traballo para 8 organizacións de base e 1 organización de segundo grao.
A. 1.3. Dirixir e facilitar a elaboración do Plan Común Específico para mellorar o posicionamento de mulleres e mozas nos procesos de incidencia política.
A.1.4. Implementar a Escola de Especialización en Desenvolvemento Comunitario.
A.1.5. Dirixir eventos de promoción e capacitación en Nutrición e Seguridade Alimentaria.
A.1.6. Desenvolver Feiras Locais para a promoción da Soberanía e Seguridade Alimentaria e a boa nutrición.
A.1.7. Implementación do compoñente asociativo, seguimento e visitas de reforzo.

Resultado 1.2: Incrementado os niveis de produción de cacao fino de aroma, a través de rehabilitación e manexo integral de leiras con enfoque ambiental e de soberanía alimentaria

Actividades

A.2.1. Implantar 6 xardíns de conservación ecotipo de cacao nacional fino de aroma nas organizacións de traballo do proxecto
A.2.2. Dirixir a rehabilitación de cacaotales mediante a dotación de insumos, equipos e ferramentas para a produción orgánica das leiras.
A.2.3. Implementar Hortos Familiares para mellorar a Seguridade Alimentaria das familias produtoras.
A.2.4. Dirixir o Ordenamento Agrícola das leiras con cultivos asociados e plantas nativas.
A.2.5. Dirixir intercambios de experiencias para o desenvolvemento agrícola dos/as produtores/as.
A.2.6. Implementación do compoñente agrícola, seguimento e visitas de reforzo

Resultado 1. 3: Fortalecida a xestión comercial da Rede de produtores/as de cacao das 9 organizacións

Actividades
A.3.1. Implementar 3 puntos para o proceso de post-cultiva de cacao
A.3.2. Impulsar 2 asembleas e/ou congresos anuais de articulación da Rede de Comercialización comunitaria
A.3.3. Contratar a avaliación e inspección para a certificación orgánica das leiras produtoras de cacao
A.3.4. Aperturar e fidelizar mercados para a comercialización e exportación de cacao fino de aroma e cacao orgánico
A.3.5. Implementar o compoñente comercial mediante visitas de seguimento e reforzo aos puntos de post-colleita.

Resultado 1. 4: Implementada unha correcta administración, xestión e seguimento do proxecto para que se poidan desenvolver os resultados expostos.
Actividades
A.4.1. Seguimento e administración do Proxecto
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: a poboación beneficiaria directa total é de 250 persoas (156 homes; 94 mulleres). Os criterios de selección da mesma responden a: Situación de pobreza e extrema pobreza; Xénero; Criterio Xeracional; Características da leira.

Indirecta: a poboación beneficiaria indirecta total é de 865 persoas (496 homes; 369 mulleres)
 
 

Axudas: 

49.939,00 € (2014)