Proxectos

DESENVOLVEMENTO DO XIV CURSO-OBRADOIRO DE FORMACION DO VOLUNTARIADO INTERNACIONAL. INTERDEPENDENCIA SOLIDARIA

Fomentar unha reflexión crítica sobre  as causas da desigualdade mundial e a relación de interdependencia entre as sociedades e promover o voluntariado e a participación da mocidade e a sociedade galega para colaborar en proxectos de desenvolvemento no Sur e como axentes de transformación e de educación para o desenvolvemento no Norte

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Formar 20 mozas e mozos, universitarios, profesionais e persoas traballadoras, para se comprometer na promoción dunha cultura solidaria e  a favor dos Dereitos Humanos na Comunidade Galega e nos países do Sur, mediante o desenvolvemento dun curso obradoiro

Resultados e actividades: 

Sete módulos de oito horas cada un deles, con profesorado especialista para cada un dos temas, en Santiago de Compostela

Poboación beneficiaria: 

Alumnado das tres Universidades galegas. Mozas e mozos profesionais, en paro... Cidadanía co desexo de construír outro mundo posible. Socias e socios de InteRed

Axudas: 

8155