Desenvolvemento dunha formulación farmacéutica con peroximonosulfato activado pola radiación solar para mellorar a calidade microbiolóxica da auga de bebida: avaliación fronte ao enteropatóxeno de referencia Cryptosporidium (PharmAquaSol)
O proxecto aborda o problema do consumo de auga contaminada, que afecta a 2000 millóns de persoas, e a súa relación coas enfermidades diarreicas infecciosas. Para mitigar este risco en áreas con poucos recursos, promóvese o uso do método SODIS, que consiste en expoñer auga en botellas de plástico á radiación solar durante 6 horas. O método SODIS é eficaz fronte ás bacterias, pero presenta limitacións con determinados virus e protozoos. Para mellorar a súa efectividade, investígase a adición de compostos oxidantes, como o radical sulfato (SO4•−), xerado polo peroximonosulfato de potasio (PMS). O PMS, activado por radiación UV ou por metais como o Fe²⁺, demostrou ser eficaz na inactivación de patóxenos resistentes, incluído Cryptosporidium parvum, un protozoo clave na avaliación dos tratamentos domiciliarios da auga.
Xeral:
Desenvolver e avaliar unha formulación farmacéutica con peroximonosulfato de potasio (PMS) que mellore a eficacia do método SODIS na inactivación de Cryptosporidium parvum en auga destinada ao consumo humano.
Específico:
Desenvolver e avaliar unha formulación farmacéutica con peroximonosulfato de potasio (PMS) que mellore a eficacia do método SODIS na inactivación de Cryptosporidium parvum en auga destinada ao consumo humano.
A 1. Obtención dos illados ooquísticos
A 2. Elaboración e caracterización da formulación farmacéutica
A 3. Avaliación en condicións simuladas de radiación solar
- A 3.1. Ensaios en auga destilada
- A 3.2. Ensaios en auga GTW
A 4. Avaliación en condicións naturais de radiación solar
A 5. Estudos de toxicidade
A 6. Interpretación, diseminación e difusión dos resultados
Directa: (mulleres/nenas, homes/nenos)
Indirecta: (mulleres/nenas, homes/nenos)
Axuda da Xunta de Galicia:
28.180,00 € (14.090,00 € en 2025 e 14.090,00 € en 2026)