Proxectos

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO LOCAL CON PARTICIPACIÓN DA MULLER NA MANCOMUNIDADE MOCALEMPA. HONDURAS

(OX)IMPULSAR NA COMUNIDADE MOCALEMPA, UN MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO LOCAL QUE CON PARTICIPACIÓN ACTIVA DAS MULLERES,  MELLORE AS CONDICIÓNS DE VIDA DA POBOACIÓN MÁIS VULNERABLE, FORTALECENDO AS CAPACIDADES LOCAIS E XERANDO EXPERIENCIAS MODELO EN 6 COMUNIDADES

(OE1) FORTALECER AS CAPACIDADES DOS ACTORES LOCAIS PARA QUE LIDEREN OS DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DA MANCOMUNIDADE ASEGURANDO A PARTICIPACIÓN DA MULLER NO MESMO

(OE2) POTENCIAR A PARTICIPACIÓN ACTIVA DAS MULLERES  NO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO LOCAL FORTALECENDO A SÚA ORGANIZACION E A XERACIÓN DE INGRESOS EN  6 COMUNIDADES MODELO DA MANCOMUNIDADE

(OE3) DIFUNDIR HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES NAS 6 COMUNIDADES MODELO QUE PERMITAN UN DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO SOSTIBLE

(A1)CONTRATACIÓN DE PERSOAL, EQUIPAMENTO, ELABORACIÓN DO PLAN OPERATIVO ANUAL, PARA A ÁREA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DA UTI, CONTRATACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA, ELABORACIÓN DUN DIAGNÓSTICO ECONÓMICO SECTORIAL DA MANCOMUNIDADE, PUBLICACIÓN DO DIAGNÓSTICO, REUNIÓN DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL PARA CONFORMAR A MESA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, REUNIÓNS DA MESA PARA ELABORAR O BORRADOR DO PLAN DE DESENVOLVEMENTO, COMPRA DO EQUIPAMENTO PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN MANCOMUNADA, RECOPILACIÓN E ARQUIVO DE INFORMACIÓN, DIAGNOSE DOS ”CODECOS” DAS 6 COMUNIDADES, ELABORACIÓN DUN PLAN DE FORTALECEMENTO E CAPACITACIÓN AOS ”CODECOS”, EXECUCIÓN DE TALLERES DO PLAN

(A2) CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS DE MULLERES E ESTABLECEMENTO DE OBXECTIVOS , ACTUALIZACION DAS NECESIDADES DE APOIO DE CADA GRUPO DE MULLERES, ESTRUTURACIÓN DE XUNTAS DIRECTIVAS  E ELABORACIÓN E EXECUCIÓN DUN PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, CREACIÓN DUNHA REDE DE MULLERES DE MOCALEMPA, FORMACIÓN NAS ORGANIZACIÓNS DE MULLERES, ACTUALIZACIÓN DA FACTIBILIDADE TÉCNICA ECONÓMICA DAS INCIATIVAS PRODUTIVAS DE FORMA PARTICIPATIVA E POSTA EN MARCHA, PROGRAMA DE FORMACIÓN EMPRESARIAL, PLAN DE CAPACITACIÓN E SEGUEMENTO TÉCNICO DOS GRUPOS PRODUTIVOS, ELABORACIÓN DUN INVENTARIO DE PRODUTOS E CAPACIDADE PRODUTIVA DE CADA GRUPO, IDENTIFICACIÓN DE MERCADOS DE VENDA E PUNTOS POSIBLES DE ACOPIO CONCERTADO, FORMACIÓN PARA A COMERCIALIZACIÓN, ACOMPAÑAMENTO NA 1ª VENDA CONXUNTA NO MERCADO LOCAL, TALLER DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS NA  COMERCIALIZACIÓN, SISTEMATIZACIÓN DA EXPERIENCIA DAS MULLERES

(A3) DIAGNÓSTICO DE NECESIDADES  DE CAPACITACIÓN E EQUIPAMENTO DOS GUARDIÁNS DA SAÚDE DAS 6 COMUNIDADES MODELO, TALLERES DE CAPACITACIÓN, EQUIPAMENTO AOS VOLUNTARIOS DA SAÚDE, CONTROIS NUTRICIONAIS, CAPACITACIÓN E MANEXO DAS HORTAS ESCOLARES E MELLORA DA MERENDA ESCOLAR, COMPRA DE INSUMOS, ORGANIZACIÓN E IMPLEMENTACIÓN DAS HORTAS ESCOLARES, SEGUEMENTO E CAPACITACIÓN VENCELLADA Á XESTIÓN DAS HORTAS ESCOLARES, CAMPAÑAS DE LIMPEZA E DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A XERACIÓN E XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS.

BENEFICIARIOS/AS: 210 PERSOAS CAPACITADAS. POBOACIÓN DAS 6 COMUNIDADES MODELO

Ano: 
2005
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Lempira (departamento)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Axudas: 

109.000.00 €