DESENVOLVEMENTO RURAL NA CONCA DO CHIPILLICO
Mejorar a calidade de vida da poboación da subconca Chipillico, mediante a obtención de maiores ingresos como resultado dunha oferta competitiva, froito do uso de tecnoloxías adecuadas para o melloramento da produción de gando, derivados con valor engadido e acceso á auga de rego
FONDO DE COOPERACIÓN HISPANO PERUANO
Mellorar o sistema produtivo na produción gandeira e auga de regar, coa posta en marcha dun sistema de produción gandeira que contempla toda a cadea produtiva da poboación criadora de gando caprino da rexión e a construción dun canal de rego que ampliará a fronteira agrícola na subconca do Chipillico
- Capacitación de produtoras e produtores na crianza do gando caprino e a agregación de valor dos produtos da actividade, dentro dos programas de educación formal do CBFT e dos cursos de extensión ou educación non formal programados
- Posta en funcionamento dun centro de crianza para promocionar a crianza técnica e intensiva da gandeiría caprina
- Instalación e posta en funcionamento de módulos de produción para a agregación de valor dos produtos da actividade gandeira caprina
- Posta en marcha de módulos de servizos para a actividade gandeira caprina
- Elaboración dunha liña base que determine o uso e eficiencias da auga para rego, e que con posterioridade permita avaliar o impacto da construción do canal
- Formación de promotoras e promotores conformación/fortalecemento comisión de regantes
- Plano de traballo/intervencións con promotoras e promotores dentro da súa organización
- Avaliación do impacto (real ou potencial), depois da execución das obras
Directa: 400 estudantes, 25.000 produtoras e produtores das 200.000 familias que viven en Piura da produción caprina como actividade exclusiva e 160 promotoras e promotores formados
129787