Desenvolvemento turístico da Cidade de Pemba. Mozambique.
O proxecto incidirá na consecución dos seguintes obxectivos específicos: 1 mellorar a visibilidade da poboación, provendo as institucións e establecementos hostaleiros de materiais como mapas e roteiros. 2 mellorar a formación práctica como guías turísticos, dos alumnos que xa remataron os seus estudos na UCM e 3 mellorar a cualificación das mulleres que se dedican a confección de souvenirs téxtis con telas tradicionais (capulanas) .Todo elo farase en colaboración coa empresa mozambicana DFJ‐Consultoria de Desenvolvimento Local e co apoio de Universidade Católica de Moambique e o Conselho Municipal.
DFJ-Consultoria de desenvolvimento Local
Obxectivo xeral: Aumentados os ingresos da poboación local, grazas a actividades turísticas
Obxectivo específico 1: Acrecentada a dispoñibilidade de información para os turistas que visita a cidade de Pemba
Obxectivo específico 2: Mellorado o nivel de cualificación de xoves con formación académica en turismo, para acceder a postos de traballo de guía turístico.
Obxectivo específico 3: Mellorada a calidade do traballo de confección de produtos turísticos (souvenirs) realizados con capulana.
Resultado 1.1: Deseñados e impresos mapas da cidade e 2 roteiros turísticos.
Actividades
A.1.1.1: Deseño dos mapas e roteiros impresión
A.1.1.2: Presentación pública dos materiais elaborados
A.1.1.3: Reparto dos materiais nos establecementos e das follas de rexistro en 3 deles
Resultado 1.2: Aumentada da afluencia de visitantes a puntos de interese da cidade
Actividades
A.1.2.1Avaliación do incremento de visitantes en 3 establecementos, analizando as follas de rexistro entregadas. explicativos.
A.1.2.2: Presentación dos resultados ao Conselho municipal.
Resultado 2.1: Formados 20 xoves como guías turísticos e contrastada a capacidade dos docentes formados.
Actividades
A.2.1.1: Impartición dun curso para 20 persoas de 80h de duración na 20 teóricas e 60 prácticas na universidade de turismo de Pemba UCM para capacitalos como guías turísticos
Resultado 2.2: 3 empresas do sector turístico e o Conselho Municipal de Pemba solicitan os servizos de 10 alumnos formados como guías.
Actividades
A.2.2.1: Presentación pública dos alumnos formados as empresas do sector e a o Conselho Municipal.
Resultado 3.1: Formadas 20 mulleres en costura con capulana de obxectos aptos para a venda como produto turístico
Actividades
A.3.1.1: Impartición dun curso de formación de 70h teórico‐práctica para 20 mulleres que xa teñan coñecementos de costura.
Resultado 3.2: Deseñados 10 produtos téxtis feitos con Capulana, adaptados aos gustos dos muristas.
Actividades
A.3.2.1: Deseño e presentación a 4 tendas de venda de produtos turísticos de 10 produtos téxtis feitos con Capulana, adaptados aos gustos dos turistas.
Directa: 71 persoas en total: 17 homes e 54 mulleres.
Indirecta: 141.316 habitantes
26.273,00 € (2014)