Proxectos

Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento

A inciativa que se presenta a continuación pretende proseguir co traballo iniciado durante o ano anterior a través da primeira fase deste proxecto titulada "A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero". Nesta ocasión, os esforzos concentraranse en ampliar a información para que a sociedade galega coñeza a situación da muller e as nenas no mundo. Xa que logo, baseándonos nese concepto de desigualdade, destacaranse os diversos tipos de desigualdade que afectan exclusivamente ás mulleres e as nenas pola súa condición, facendo ver ademais a necesidade de favorecer o desenvolvemento deste colectivo para loitar contra a pobreza dos países do Sur. Non queremos culpabilizar, pero si crear conciencia e, no posible, mobilizar esforzos, vontades e recursos a favor da igualdade nos países en vías de desenvolvemento, a igualdade de xénero e o empoderamento da muller (Obxectivo Nº 3 da Declaración do Milenio).

De igual xeito que ocorrera coa primeira fase, utilizaranse como fío condutor e base de referencia os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, centrando a información a transmitir nesa desigualdade de xénero tan perentorio nos países en vías de desenvolvemento. Para iso, emprenderanse unha serie de accións educativas e de sensibilización que abarcarán diversos colectivos da sociedade galega:
- En primeiro lugar, os menores con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, abarcando así dous ciclos cruciais do ensino primario e da secundaria obrigatoria. Este cambio de idade, respecto da primeira fase, débese especialmente pola necesidade detectada durante a mesma de ampliar o  colectivo de actuación a primaria. Ao ser este un tema moi específico e que require certa evolución no desenvolvemento madurativo dos menores, escolleuse o último ciclo de primaria. Para fomentar esta transmisión de contidos levarán a cabo unha ou dúas sesións por grupo-aula, que se complementarán cunha serie de materiais educativos que, este ano, dan un salto cualitativo e utilizan as novas tecnoloxías como referencia: unha páxina web e un audiovisual sobre xénero e desenvolvemento, cunha duración aproximada de 10 minutos. Todo iso, poderase reforzar ademais, por unha exposición didáctica que os espazos educativos terán a opción de acoller.
- Profesores e educadores que traballen tanto no ámbito formal, como non formal con este colectivo. Desta forma contémplase a elaboración dunha páxina web (ampliación da xa proposta para traballar a primeira fase) con contido moi específico para o profesorado e que se difundirá en diversos espazos
educativos e institucionais galegos.
- Por outra banda, xa dirixíndonos á sociedade galega en xeral, elaborarase unha exposición sobre desigualdade de xénero que se exporá en diversos espazos das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Buscaranse para iso espazos de máxima afluencia, por exemplo centros comerciales, aeroportos, etc, tal e como se veu facendo durante a primeira fase de execución do proxecto. Todas estas accións de sensibilización veranse reforzadas pola difusión que se lles vai a dar en diversos medios de comunicación galegos (locais e rexionais), os cales poderanse facer eco das accións notificables e os contidos que se abordan nesta segunda fase do proxecto.
- Accións asociativas, cuxos obxectivos serán, en primeiro lugar, garantir a boa marcha do proxecto grazas á acción voluntaria e, en segundo, reforzar o compoñente asociativo de Mundo Cooperante Galicia. O colectivo destinatario principal destas accións asociativas será o xuvenil (mozos galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos). Preténdese así concienciar aos mozos sobre o necesario da súa participación neste tipo de actividades e a importancia da súa acción como axentes multiplicadores dentro do proceso de sensibilización da sociedade galega. Debemos destacar para rematar que gran parte da nosa acción de sensibilización dirixirase á poboación dos municipios pequenos e rurais das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MUNDO COOPERANTE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promovida a solidariedade da sociedade galega e a súa participación a favor da igualdade de xénero.

Obxectivo específico: Aumentado o coñecemento e implicación da sociedade galega en iniciativas para combater a desigualdade de xénero.

Resultados e actividades: 

Resultado 1
A1.1.Elaboración de contidos e deseño dos materiais didácticos (web e audiovisual)
A1.2. Difusión dos materiais en portais e sitios educativos
A1.3. Deseño e planificación das sesións educativas para as intervencións escolares
A1.4. Elaboración da presentación e o dossier dirixido a centros educativos
A1.5. Toma de contacto coas persoas responsables dos centros educativos de primaria e secundaria
A1.6. Coordinacións con dirección e profesorado dos centros educativos previas á intervención
A1.7. Execución das sesións educativas nos centros educativos (1-2 sesións por grupo)
A1.8. Seguimento das accións educativas

Resultado 2
A2.1.Elaboración de contidos e deseño da exposición de xénero
A2.2. Difusión do material e dos seus contidos en diferentes portais educativos e institucionais
A2.3. Toma de contacto e coordinacións cos diferentes espazos e centros educativos
A2.4. Montaxe, desmonte e atención dos materiais da exposición
A2.5. Seguimento e avaliación do impacto da exposición nos diferentes espazos e centros educativos
A2.6. Elaboración de notas de prensa, comunicados, contacto con medios de comunicació e seguimento dos impactos

Resultado 3
A3.1. Difusión, captación e selección dos membros do equipo de voluntariado
A3.2. Deseño e planificación das sesións de formación básica e específica para o grupo de voluntariado
A3.3. Adecuación do espazo para a formación do voluntariado
A3.4. Realización das sesións formativas para o grupo de voluntariado
A3.5. Coordinacións de seguimento e avaliación das actividades co grupo de voluntariado

Axudas: 

TOTAL: 24.980,00 € (2011: 9.992,00 € - 2012: 14.988,00 €)