Desigualdades (Fase III): da feminización da pobreza a feminización do desenvolvemento.
Esta iniciativa pretende dar continuidade ao traballo iniciado durante os anos anteriores (2010-2012) a través da primeira e segunda fase deste proxecto tituladas “A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero” e “Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento”. Nesta ocasión, búscase fortalecer e complementar as accións xa iniciadas para favorecer a comprensión dos diversos papeis da muller no diálogo pobreza-desenvolvemento, promovendo ademais a igualdade de xénero entre os habitantes do noso país. Preténdese crear conciencia e, no posible, mobilizar esforzos, vontades e recursos a favor da igualdade de xénero e a autonomía e empoderamiento da muller (Obxectivo Nº 3 da Declaración do Milenio), axudando ademais a entender a importancia do papel que desempeña a muller na consecución dos ODM e, polo tanto, no desenvolvemento das súas comunidades.
Obxectivo Xeral: Promover o coñecemento e a participación da sociedade galega a favor da igualdade de xénero.
Obxectivo Específico: Desenvolver entre os beneficiarios/as unha perspectiva de xénero que favoreza unha visión positiva da muller no desenvolvemento das súas comunidades (feminización do desenvolvemento), en detrimento da visión da muller como vítima da desigualdade (feminización da pobreza).
Resultado 1.1: Cóntase con material didáctico de calidade para poñer en marcha as accións educativas e de sensibilización sobre a feminización do desenvolvemento.
Actividades:
A.1.1.1: Preparación, deseño, tradución e impresión da exposición
"Desigualdades III: A muller como motor do desenvolvemento".
A.1.1.2: Preparación, deseño, tradución e impresión dos contidos da
guía didáctica.
A.1.1.3: Preparación, deseño, tradución e actualización dos contidos da
web www.desafiosdelmilenio.org
A.1.1.4: Deseño dos soportes dixitais para a difusión do proxecto en internet
(imaxe global do proxecto, mailing e banners).
A.1.1.5: Programación, contactos e coordinacións con responsables das
contrapartes locais.
Resultado 1.2: 800 menores, dentro do ámbito da educación formal e da educación non formal, reciben información sobre a feminización do desenvolvemento.
Actividades:
A.1.2.1: Programación, execución e avaliación das intervencións en centros
educativos e montaxe da exposición.
A.1.2.2: Programación, execución e avaliación das intervencións en
entidades de educación non formal e montaxe exposición.
A.1.2.3: Transmisión de información e recursos aos educadores/as das
entidades que o demanden para poñer en marcha eles/as mesmos/as outras accións de sensibilización vinculadas aos contidos.
A.1.2.4: Coordinacións cos responsables dos centros educativos que se
acollan a este tipo de acción.
A.1.2.5: Preparación, execución e avaliación cos/coas menores participantes
das accións de comercio xusto, vinculadas ao proxecto.
Resultado 1.3: Máis de 7.500 cidadáns/ás galegos/as reciben información sobre a
feminización do desenvolvemento.
Actividades:
A.1.3.1: Programación, execución e avaliación das intervencións dirixidas a
21 grupos de mulleres.
A.1.3.2: Montaxe e desmontaxe da exposición nos centros e espazos
acordados.
A.1.3.3: Elaboración de notas de prensa e convocatorias de prensa para
difundir as accións realizadas.
Resultado 1.4: Promóvese o asociacionismo e a participación da sociedade galega
adherindo un total de 10 voluntarios/as ás accións do proxecto.
Actividades:
A.1.4.1: Captación, se se require, de voluntariado para o proxecto (Escolas de voluntariado, webs de voluntariado, universidades, etc).
A.1.4.2: Programación e execución da formación específica sobre o proxecto.
Directa: 8.360 ( 4.210 mulleres)
Indirecta: 326.500
23.982,00 (2013:9.592,80; 2014:14.389,20)