Proxectos

Diagnose participativa da Educación para a Cidadanía Global (ECG) en Galicia: Estado da cuestión, retos e oportunidades

En Galicia, a Coordinadora de ONGD conta con 49 entidades socias que xestionan un total de 770.000€ anuais procedentes da convocatoria de proxectos de ECG e 2 convenios con Cooperación Galega (Xunta de Galicia) (datos de 2024). Este feito evidencia a importancia das políticas autonómicas, soporte fundamental para a financiación da ECG.

Considerando a experiencia acumulada nas últimas décadas, os cambios normativos actuais (entre os que se encontra a elaboración da nova estratexia de ECG da AECID) e os retos sociais que enfrontamos, xorde a oportunidade de avaliar o estado da ECG en Galicia. A investigación constrúese nun momento no que crece o cuestionamento do papel da sociedade civil organizada, da solidariedade global e o recorte dos espazos cívicos e democráticos en todo o mundo. Como resposta, proponse un proceso de avaliación e reflexión colectiva. Contémplase a revisión do marco de referencia actual (marcos teóricos, desenvolvemento administrativo e panorama normativo) e un extenso proceso de consulta (unha enquisa, entrevistas e grupos de discusión) e participación con actores que forman parte do ecosistema da ECG en Galicia. A proposta non pretende culminar na elaboración dunha estratexia, debido ás limitacións do proceso, senón que se concibe como unha avaliación diagnóstica do estado da cuestión, que achegará coñecemento do ámbito e propostas de mellora.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
11182 - Investigación educativa
Obxectivos: 

Xeral:

Realizar unha avaliación diagnóstica participativa que permita identificar de maneira conxunta cos actores involucrados as necesidades, problemáticas, potencialidades e recursos da ECG en Galicia co fin de xerar insumos para unha futura planificación de accións orientadas á mellora.

Específico:

OE1. Analizar o marco teórico máis recente sobre a ECG, considerando as publicacións máis actuais, os avances teóricos máis significativos e as achegas internacionais máis relevantes, para identificar as tendencias e innovacións no campo.

OE2. Examinar o marco normativo da ECG en Galicia, identificando as principais leis, regulamentos e condicionantes que inciden na súa implementación e evolución.

OE3. Recoller información, de forma participativa, sobre as percepcións, necesidades, problemáticas e fortalezas asociadas á implementación da ECG nos distintos contextos educativos galegos.

OE4. Facilitar espazos de diálogo e reflexión conxunta aos diferentes actores implicados, co fin de promover a corresponsabilidade na diagnose e garantir a utilidade e a aplicabilidade práctica dos resultados obtidos.

OE5. Sistematizar os resultados da recollida de información como base para analizar os puntos fortes e as áreas de mellora do ecosistema da ECG en Galicia, identificando factores clave para a súa optimización e sostibilidade a longo prazo.

OE6. Fortalecer as alianzas estratéxicas entre os actores da ECG en Galicia, promovendo a colaboración e a creación de sinerxías que favorezan a súa evolución e impacto.

OE7. Xerar insumos para unha futura a planificación de accións estratéxicas orientadas á mellora sostible da ECG en Galicia.

OE8. Contribuír ao debate pedagóxico sobre a ECG no contexto da emerxencia ecosocial e os grandes retos globais, proporcionando perspectivas e propostas que favorezan un enfoque integral e transformador.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Catálogo documental sobre ECG.

RE 1.2 Relación de indicadores da ECG.

RE 1.3 Informe parcial 1: Proceso e resultados.

RE 1.4 Publicación 1. Evolución, desenvolvemento e marco 56 conceptual da ECG en Galicia.

RE 1.5 Contribución a congreso.

RE1.6 Instrumentos de recollida de información validados

RE1.7 Base de datos colleitados

RE 1.8 Informe parcial 2. Sobre a recollida de información.

RE 1.9 Publicación 2. A ECG na praxe. Achegas da intervención educativa promovida polo Terceiro Sector.

RE 1.10 Contribución a congreso 2.

RE 1.11 Informe parcial 3. Principais resultados da investigación.

RE 1.12 Achegas de mellora da ECG en Galicia.

RE 1.13 Catálogo preliminar de indicadores.

RE 1.14 Informe final executivo.

RE 1.15 Publicación 3. Avaliación da ECG en Galicia.

RE 1.16 Contribución a congreso 3.

RE 1.17 Páxina Web do proxecto.

RE 1.18 Material divulgativo: pílulas informativas e boletíns periódicos.

RE 1.19 Xornada de ECG dirixida a educadoras/es en formación.

RE 1.20 Congreso de ECG.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 407 (268 mulleres/nenas, 139 homes/nenos)

Indirecta: 537.283 (253.170 mulleres/nenas, 237.608 homes/nenos)

 

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

30.000,00 € (15.000,00 € en 2025 e 15.000,00 € en 2026)