Proxectos

DIMINUCIÓN DA INCIDENCIA DE ENFERMIDADES DE 489 FAMILIAS DO BARRIO SANTA LUCÍA/ LA MOSCA (SEGUNDA FASE DE EXECUCIÓN)

O Programa Integral de Melloramento do Barrio Santa Lucía/ La Mosca ten como finalidade a mellora da calidade dos habitantes deste barrio, así como dos traballadores informais do vertedoiro de Rafey, a través de 4 compoñentes de traballo: auga, saneamento e habitabilidade; saúde comunitaria; fortalecemento das organizacións da sociedade civil; e formación profesional e desenvolvemento produtivo.
O compoñente de saúde comunitaria executarase cos habitantes do Barrio de Santa Lucía / La Mosca para diminuír a incidencia de enfermidades, producidas na maioría das ocasións por motivos diversos, que abranguen un descoñecemento das medidas prevención de enfermidades no barrio, a dificultade de asistencia a centros de saúde por parte dos habitantes ou a problemática ambiental do ámbito
Período de execución: xullo 2009- decembro 2010

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago (provincia)
Axentes: 
FUNDELOSA-FUNDACIÓN DE DESARROLLO LOMA Y SALUD
Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Mellorar as condicións de vida de 489 familias que residen no barrio Santa Lucía/ La Mosca
Diminuír a incidencia de enfermidades en 489 familias, 2,245 habitantes aprox. do barrio de Santa Lucía/ La Mosca

Resultados e actividades: 

1. Formalización dun acordo/alianza cos proxectos educativos do barrio
2. Realización de 3 xornadas (unha semestral) para a realización de 200 hemogramas por xomada a nenas/os menores dun ano
3. Realización de 3 xornadas (unha semestral) de 100 análises de antiestreptolisina para nenos/as de 0 a 12 anos
4. Realización de 1 xornada de avaliación psicomotora a todos os nenos/as menores de 1 ano, residentes no barrio, das 489 familias
5. Revisión e actualización das doses de vacinas para os nenos/as de 0 a 12 anos do barrio, das 489 familias
6. 6 xornadas de orientación familiar para previr o abuso infantil
7. 3 charlas sobre nutrición infantil
8. Segunda fase do traballo de control de pragas transmisoras de enfermidades nos barrios de La Mosca e La Piña, a través de 2 fumigacións semestrais
9. 2 talleres de formación continua ás promotoras de saúde: prevención de accidentes no fogar e identificación de signos e síntomas de enfermidades en nenos/as menores dun ano
10. Un curso de medicina natural e alternativa
11. 3 xornadas de intercambio de experiencias
12. Recoñecemento das promotoras de saúde do barrio Santa Lucía / La Mosca, como promotoras nacionais de SESPAS
13. Seguimento e orientación a mulleres embarazadas
14. 3 talleres de prevención e manexo do embarazo de alto risco
15. 3 charlas sobre puerperio para embarazadas
16. Unha charla sobre prevención e tratamento de enfermidades gastrointestinais.
17. 1 taller semestral de avaliación interna do proxecto
18. Un taller de relacións humanas e autoestima dirixida a novos animadores en saúde
19. Un curso de primeiros auxilios dirixido a novos animadores en saúde
20. Un taller sobre metodoloxía didáctica e planificación, dirixido a novos animadores en saúde
21. Un seminario: xuventude e crecemento san
22. Participación de mozos do barrio en 2 campamentos de verán: xuventude, medio e cultura.
23. Formalización dun acordo interinstitucional con varias organizacións, de carácter público e privado, para o desenvolvemento de actividades conxuntas de saúde no barrio
24. Elaboración dun banco de datos en saúde
25. Seguimento ao sistema de seguridade social das persoas do barrio.
26. Celebración de 6 operativos médicos no barrio, para os anos 2009 e 2010.
27. Celebración dun operativo odontolóxico en saúde bucal
28. Formación de 5 núcleos de lactación
29. Asistencia en orientación psicolóxica e emocional a persoas e/ou familias do barrio.
30. 2 Talleres de capacitación sobre procesamento de medicina natural a nivel de microempresa familiar
31. Celebración dunha feira de medicina natural

Poboación beneficiaria: 

Directa: 489 familias que residen no barrio de Santa Lucía /La Mosca e a máis de 350 familias que residen no barrio Piña que linda con Santa Lucía /La Mosca
Indirecta: os habitantes dos barrios periféricos e os habitantes doutros sectores. Calcúlase como beneficiarios/as indirectos/as unhas 2.500 persoas

Axudas: 

105047