Proxectos

DIMINUCIÓN DA INCIDENCIA DE ENFERMIDADES NO BARRIO DE LA MOSCA - SANTA LUCÍA. SANTIAGO DE LOS CABALLEROS, REPÚBLICA DOMINICANA

Diminuír a incidencia de enfermidades e embarazos precoces mediante a educación e a capacitación en saúde primaria e preventiva coa realización de xornadas médicas, orientación e sensibilización sobre a problemática de saúde comunitaria, a planificación familiar, a promoción da lactancia materna, o control de vectores transmisores de enfermidades e a atención aos nenos e nenas que é a poboación máis vulnerable á problemática de saúde do barrio de La Mosca.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago (provincia)
Axentes: 
FUNDELOSA-FUNDACIÓN DE DESARROLLO LOMA Y SALUD
Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Contribuír a mellorar as condicións de saúde dos e das habitantes do barrio de La Mosca.

Resultados e actividades: 

1. Curso para formar 20 promotoras cunha duración de 120 horas.2. Xornadas médicas no barrio de La Mosca onde se farán consultas e doarán medicamentos a 300 persoas por xornada.  3. Seleccionar 10 das 20 promotoras para que sexan as responsables dos fogares  de saúde. Estas  darán seguimento ás actividades de saúde executadas no proxecto4. Establecer 10 fogares de saúde que son os espazos de referencia inmediata das promotoras. Habilitarase un espazo na casa de 10 promotoras (serán seleccionadas tendo en conta a localización da súa vivenda no barrio, o rendemento no curso e o liderazgo comunitario) onde haberá equipos médicos mínimos e materiais para dar asistencia de primeiros auxilios a persoas do barrio de La Mosca. Os equipos médicos e os materiais serán sinxelos e os necesarios para aplicar primeiros auxilios a persoas que así o requiran. As promotoras manteranse dando servizos. FUNDELOSA dará seguimento ás promotoras, manténdoas actualizadas a través de charlas e talleres. Para o mantemento e compra de material gastable a partir do 3º ano as promotoras establecerán unha cota non maior de 20 pesos por servizo.5. Charlas sobre incidencia e empoderamento comunitario do proxecto de saúde cunha duración de dúas horas e impartidas por un facilitador con dominio no tema.6. Charlas sobre manexo e control de enfermidades crónicas. 7. Talleres sobre hixiene persoal, fogar e entorno no barrio de La Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 8 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar  aos poboadores do barrio de La Mosca sobre os contidos abordados no taller.8. Un taller sobre enfermidades hídricas no barrio de La Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos y experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 8 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar  aos poboadores do barrio de La Mosca sobre los contidos abordados no taller.9. Taller sobre dereitos da saúde e o servizo nacional de saúde (SENASA) no barrio da Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 8 horas. Despois de ter recibido o taller os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar  aos poboadores do barrio de La mosca sobre os contidos abordados no taller.10. Xornadas de fumigación e control de pragas vectores de enfermidades no barrio de La Mosca. Para estas actividades realizadas por técnicos de FUNDELOSA compraranse os produtos que serán autorizados pola dirección rexional de saúde pública para as aplicacións.11. Seguimento e monitoreo do sistema de vacinación a neno se nenas. Esta actividade levarana a cabo as promotoras de saúde. Estas visitaran os fogares onde haxa nenos e nenas para asegurar que se administrou ao neno ou nena as vacinas correspondentes e para levar o control das datas de cada dose de vacina.12. Talleres sobre saúde, seguridade e saúde ocupacional no barrio de La Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos  e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 16 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar  aos poboadores do barrio de Ll Mosca sobre los contidos abordados no taller.13. Charlas sobre prevención de enfermidades hídricas.14. Talleres sobre dereito sexual e prevención de embarazo precoz no barrio de La Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 8 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar aos poboadores do barrio de La Mosca sobre os contidos abordados no taller.15. Taller sobre enfermidades prevalecentes na infancia no barrio de La Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 24 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar aos poboadores do barrio de La Mosca sobre os contidos abordados no taller.16. Talleres sobre lactancia materna e desenvolvemento infantil no barrio de La Mosca para 30 participantes por  taller e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 16 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar aos poboadores do barrio de La Mosca sobre los contidos abordados no taller.17. Talleres sobres enfermidades de transmisión sexual ETS/VIH/SIDA no barrio de La Mosca para 30 participantes por taller e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 8 horas. Despois de ter recibido o taller, os/as participantes contarán cun compromiso de actuación con FUNDELOSA para orientar aos poboadores do barrio de La Mosca sobre os contidos abordados no taller.18. Curso sobre mozos e mozas animadores en saúde no barrio de La Mosca para 40 participantes e impartido por un facilitador con coñecementos e experiencia no tema. Nestas actividades darase almorzo e refrixerio e terán unha duración de 48 horas. Terminado o curso, crearase un equipo de mozo se mozas que, ademais de servir de multiplicadores con outros mozos e mozas dos contidos do curso, realizan actividades sociais e culturais promovendo a saúde no barrio de La Mosca.19. Charla sobre as drogas e as súas consecuencias en mozos e mozas e adolescentes.20. Charlas sobre prevención do VIH/SIDA en mozos e mozas e adolescentes.21. Charlas sobre a importancia dos métodos de planificación familiar.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: 2445 habitantes integrados en 489 familias do barrio de La Mosca/Santa Lucía, canalizados a través dos grupos organizados de base do barrio, é dicir, as xuntas de veciños (Las Colinas e Santa Lucía) e os grupos de mulleres.Poboación beneficiaria indirecta: habitantes dos barrios periféricos, os cales non corren o risco da proliferación de pragas e outros vectores transmisores de enfermidades que actualmente existen no barrio de La Mosca.

Axudas: 

76.805,00 Euros