Proxectos

Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua: artellando redes

O presente proxecto titulado “Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua, artellando redes” (DISEMINAR) pretende abordar unha problemática multidimensional: o contexto da diversidade funcional na infancia. A nenez con capacidades diferentes nos países en vías de desenvolvemento teñen dificultades para acceder ó seu entorno, tanto aos apoios e servizos básicos para a súa vida cotidiana como a outros dereitos fundamentais (educación, etc.). Un fenómeno primordial asociado a este é o papel das nais coidadoras e os efectos da emigración maternal coas consecuencias que ten nos nenos/as e nos membros da familia “left-behind”. Na rexión nicaraguana de las Segovias, a situación agrávase nos municipios rurais, con poboación indíxena e de máxima pobreza. Con respecto disto, a nosa investigación pretende coñecer os axentes clave, os recursos e necesidades e os factores influentes da diversidade infantil facendo especial fincapé no rol das nais e/ou familias, contando coa colaboración de aquelas emigrantes en España. Todo isto, promovendo accións de visibilización, sensibilización e optimización dos recursos a través da participación e capacitacións dos actores nesta situación e ferramentas utilizadas. A metodoloxía de carácter cualitativo inclúe entrevistas semi-estruturadas e grupos de enfoque que dirixe a recollida de datos en dúas zonas xeográficas (España e Nicaragua) e a elaboración do material de forma colaborativa entre membros do equipo de investigación e especialistas no terreo. O proxecto plantease dende outubro de 2017 ata novembro de 2018 esperándose obter coñecemento da realidade que fomente o empoderamento dos/as axentes chave e as familias co fin último de optimizar as acción futuras no eido da diversidade infantil e o seu contexto.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
ESPAÑA
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Galicia
Las Segovias (rexión)
Axentes: 
SÓLIDA, Asociación para a Cooperación ó Desenvolvemento.
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Obxectivos específicos:

1. Estudar e describir o contexto social, educativo e sanitario dos nenos con diversidade funcional na sociedade.

2. Estudar e describir o papel das nais e/ou familias con nenos con diversidade funcional na sociedade.

3. Promover accións de visibilización, sensibilización e optimización de recursos na sociedade.

4. Capacitar en materia de técnicas cuantitativas de investigación social aos/ás axentes chave na discapacidade infantil con vistas a desenvolver a medio prazo un estudo de corte cuantitativo

Resultados e actividades: 

1. Outubro, 2017: Realizarase a revisión bibliográfica

2. Novembro - decembro, 2017: Entrevistas con mulleres nicaraguanas emigradas en España

3. Xaneiro-marzo 2018: Preparación para traballo no terreo

4. Abril-maio 2018: Entrevistas con axentes chave

5. Maio-xuño 2018: Entrevistas con familias

6. Xullo 2018: Grupos de enfoque

7. Agosto-setembro, 2018: Codificación transversal e análise

8. Outubro-novembro 2018: Preparación do plan de difusión por varios medios

Axudas: 

30.000,00 €  (2017: 15.000,00 €; 2018: 15.000,00€)