Proxectos

DOAZÓN DE LEITE EN PO

Mediante un convenio de colaboración entre a FAHG e a Federación Nenos do Mundo a FAHG fixo unha achega de 231,425 toneladas de leite en po e de 56.000 euros para o transporte desta (ambos subministrados pola Consellería de Medio Rural). A FNM distribuíu este leite en po en diversos países: Guatemala 13,75 Ta, Perú 10,20 Ta, Bolivia 27 Ta, Chile 24,50 Ta e Sáhara 24,50 Ta. A FNM fixo unha identificación de cada entidade beneficiaria en cada país e obtivo os permisos precisos para a entrega e distribución da leite en po. Asumiu os gastos derivados da recollida, organización, desprazamento e almacenaxe dende a súa recepción no seu almacén ata a distribución en terreo.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Sen identificar
País: 
Sen especificar
Axentes: 
FEDERACIÓN ESPAÑOLA NENOS DO MUNDO
Contraparte: 

VARIAS

Código CRS: 
160 - Outros servizos e infraestruturas sociais
Obxectivos: 

Remitir axuda alimentaria (leite en po) a centros de atención á poboación, con especial incidencia en nenos, nenas e persoas anciáns en Bolivia, Perú, Guatemala, Chile e os campamentos de refuxiados saharauís.
 

Axudas: 

56000