DOTACIÓN FONDO DE EMERXENCIAS
A sinatura dun acordo de colaboración entre a FAHG e Farmacéuticos Mundi ten por obxecto dar resposta inmediata e atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables e paliar o sufrimento das poboación afectadas polas crises de longa duración e desequilibrios económicos crónicos e estruturais.
FARMAMUNDI.
Dotación de material hixiénico e sanitario de urxencia que permita á FAHG: asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria. Actuacións de resposta ante as necesidades básicas das poboacións vítimas de crises humanitarias complexas ou derivadas de urxencias estruturais. Intervencións de atención inmediata ante a agudización dunha crise crónica para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.
40.000 €.