ECU3-ACT Ecuador desenvolvemento intelixente. Coñecemento en Acción para a xestión Territorial integrada.
O Obxectivo Específico (OE) de ECU3-ACT é a aplicación dunha Estratexia de Financiamento Local (EFL) nun municipio (cantón) do Ecuador. ECU3-ACT é un proxecto académico (CRS: 11420 Educación universitaria) cun enfoque “investigación-acción” en relación a un dos problemas máis perentorios do país desde o enfoque da Xestión Territorial Integral (GTI): a dependencia financeira dos gobernos municipais dos orzamentos xerais do Estado.
Universidade Técnica Particular de Loja (UTPL).
Obxectivo xeral: Contribuír ao desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador
Obxectivo específico: Xestión Territorial Integrada (GTI) en acción: Comprobar a aplicabilidade dunha Estratexia de Financiamento Local (EFL) nun cantón do Ecuador.
Resultados e Actividades:
Resultados.1.1. Elaborada a “Estratexia de Financiamento Local (EFL)”.
A.1.1.1. Estancias en Galicia para investigadores e actores ecuatorianos para o deseño da EFL
A.1.1.2. Workshop en Ecuador con representantes da administración ecuatoriana para a validación da EFL.
A.1.1.3. Xeración de información sobre mercados do chan en 3 cantóns do Ecuador.
Resultados.1.2. Proxecto piloto de GTI: Aplicada a EFL nun cantón do Ecuador.
A.1.2.1. Estancias en Ecuador para investigadores e técnicos da administración galega.
A.1.2.2. Aplicación en terreo da EFL nun cantón piloto.
Resultados.1.3. Fortalecer a xestión da RIGTIG.
A.1.3.1. Garantir o funcionamento regular da RIGTIG. Mellorar a páxina web.
A.1.3.2. Incorporar polo menos a un membro non Ecuatoriano da rexión andina.
A.1.3.3. Dar o seguimento e facer avaliación ao proxecto.
Directa: Os catro (4) investigadores e expertos ecuatorianos beneficiarios do programa de estancias en Galicia; Os tres (3) investigadores e expertos galegos participantes no programa de estancias de C/P en Ecuador; Entre tres (3) e seis (6) expertos ecuatorianos das universidades de RIGTIG que participen no traballo de campo. Un total de 13 persoas, aproximadamente.
Indirecta: Os funcionarios públicos de SENESCYT, SENPLADES, DINAC e Proxecto SIGTIERRAS que participen nas accións do proxecto; Os funcionarios do municipio onde se desenvolva a EFL; Os funcionarios e expertos das universidades da RIGTIG que participen nas accións do proxecto.
80.000,00 € (2016: 32.000,00 €; 2017: 48.000,00 €).