Ecuador, Territorio Intelixente: consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Geospacial- FASE II (ECUIDiT- FASE II)
Durante os anos 2012 e 2013 desenvolveuse a fase I do proxecto ECUIDiT. Co financiamento da Xunta de Galicia levaron a cabo acciones que incluíron un programa de estancias de L/P en Galicia para estudantes ecuatorianos de materias de planificación e xestión territorial, así como a creación en Ecuador da Rede de Investigación en Xestión do Territorio e Información Xeo-espacial (RIGTIG). A RIGTIG naceu para dar resposta á “necesidade de que as Institucións de Ensino Superior (IES) do país unan esforzos e organícense para realizar accións que permitan a integración do desenvolvemento científico e académico”. Nela participan 6 universidades ecuatorianas con traxectoria recoñecida no ámbito da Ordenación do Territorio. A RIGTIG aínda non é capaz de atender con medios propios a continuidade das accións de mellora da docencia e investigación desenvolvidas durante a fase I do proxecto ECUIDiT. De igual maneira, a RIGTIG demanda unha estrutura de xestión máis forte xa que ata agora funcionou facendo uso das tecnoloxías (vídeo –conferencia) e dunha alta dose de voluntarismo.
Universidad del Azuay (UDA). Instituto de Estudios de Régimen Seccional del Ecuador (IERSE)
Obxectivo xeral: Contribuír ao desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador
Obxectivo específico: Consolidación da Rede de Investigación en Xestión do Territorio e Información Xeo-espacial (RIGTIG)
Resultado 1.1: Mellorar a calidade da docencia no ámbito da xestión do territorio nas universidades ecuatorianas pertencentes á RIGTIG
Actividades
A.1.1. Programa de estancias de L/P en Galicia para docentes/investigadores ecuatorianos
A.1.2. Programa de estancias de C/P en Ecuador para docentes/ investigadores galegos
Resultado 1.2: Incrementar a investigación no marco da RIGTIG
Actividades
A.2.1. Presentación de proxectos de investigación en Ecuador
Resultado 1.3: Mellorar a xestión da RIGTIG, e do proxecto ECUIDiT II
Actividades
A.3.1. Garantir o funcionamento regular da RIGTIG
A.3.2. Dar o seguimento e facer avaliación ao proxecto.
Directa: considerará beneficiarias directas ás seis (6) universidades ecuatorianas da RIGTIG: Universidade Nacional de Loja (UNL); Escola Politécnica Superior do Litoral (ESPOL); Escola Politécnica do Exercito (ESPE); Universidade Técnica Particular de Loja (UTPL); Universidade de Conca (UC); Universidade do Azuay (UDA) –contraparte-. Afectará de maneira directa as seguintes persoas: Os dous (2) docentes/investigadores ecuatorianos beneficiarios do programa de bolsas de L/P na USC; Os catro (4) docentes galegos participantes no programa de estancias de C/P en Ecuador; Os asistentes ao programa de “Complementos de Formación” en Ecuador que habilitan aos estudantes ecuatorianos para poder cursar o Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio na USC. (10-15 persoas aproximadamente); Os membros dos equipos de investigación das universidades da RIGTIG implicados na preparación de propostas de investigación científica e innovación tecnolóxica (6-8 persoas aproximadamente); A persoa (1) que asuma as tarefas de secretariado da RIGTIG.
Indirecta: De maneira máis indirecta e imprecisa beneficiará ás seguintes persoas: O resto dos membros dos equipos de investigación das universidades da RIGTIG; As estudantes de materias relacionadas coa planificación e a OT das universidades da RIGTIG; Os funcionarios públicos da SENESCYT e da SENPLADES que participen dalgunhas das accións desenvolvidas polo proxecto.
99.379,00 € (2014)