Ecuador, territorio Intelixente: consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información xeospacial (Ecuador)
De xeito xeral, o presente proxecto proponse contribuír ao desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador mediante a mellora da calidade da Innovación, o Desenvolvemento, a Investigación e a Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Xeospacial. O seu obxectivo específico concéntrase en mellorar as capacidades humanas e institucionais no ámbito da ordenación territorial e da información xeoespacial no Ecuador, mediante a promoción dunha rede universitaria I+D++ T e o fortalecemento do liderado da Universidade Nacional de Loja (UNL) nese ámbito.
O proxecto estruturouse de tal xeito que para lograr o obxectivo específico mencionado deberá darse cumprimento a dous resultados. A través do primeiro deses resultados estableceranse as bases para a asociación en rede I+D+i+T de universidades ecuatorianas coa asociación da USC-Laborate e a Fundación UDC. O segundo resultado refírese a lograr o fortalecemento do liderado da Universidade Nacional de Loja en relación á ordenación territorial e a información xeoespacial.
Para dar cumprimento ao primeiro dos resultados desenvolveranse varias actividades como a celebración dun seminario internacional en Ecuador sobre ordenación territorial e información xeoespacial; o traballo no consenso das universidades ao redor da creación da rede; o desenvolvemento dun programa de bolsas en Galicia para estudantes das universidades ecuatorianas que se vinculen ao proxecto; e o deseño dun programa de doutoramento entre varias das universidades implicadas.
Para dar cumprimento ao segundo resultado desenvolverase un programa de estancias curtas de profesores da USC-Laborate e dos seus asociados na Universidade de Loja e outras universidades de Ecuador; deseñarase un centro piloto de investigación na universidade ecuatoriana sobre ordenación territorial e información xeoespacial; e impulsaranse dúas accións de transferencia de investigación desde a Universidade de Loja en asociación coa USC-Laborate e a Fundación Universidade de Coruña sobre a utilización de tecnoloxía LIDAR e a tecnoloxía SIG-Web para servizo dos Gobernos Autónomos Descentralizados.
Universidade Nacional de Loja (UNL)
Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador mediante a mellora da calidade da Innovación, o Desenvolvemento, a Investigación e a Transferencia (I D i T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Xeospacial.
Obxectivo Específico: Mellorar as capacidades humanas e institucionais no ámbito da ordenación territorial e da información xeoespacial no Ecuador mediante a promoción dunha rede universitaria I D i T e o fortalecemento do liderado da Universidade Nacional de Loja (UNL) nese ámbito.
Resultado 1.1.: Establecidas as bases para a asociación en rede I+D+i+T de universidades ecuatorianas coa asociación da USC-Laborate e a Fundación UDC.
Actividades:
A.1.1.1.: Celebrar un seminario internacional en Ecuador sobre ordenación territorial e a información xeoespacial.
A.1.1.2.: Traballar o consenso da universidades ao redor da creación dunha rede I+D+i+T.
A.1.1.3.: Desenvolver un programa de bolsas en Galicia para estudantes ecuatorianos pertencentes ás universidades vinculadas ao proxecto.
A.1.1.4.: Deseñar un programa de doutoramento conxunto entre varias das universidades con especializacións temáticas.
Resultado 1.2.: Fortalecido o liderado da UNL en relación á ordenación territorial e a información xeoespacial.
Actividades:
A.1.2.1.: Desenvolver un programa de estancias curtas de profesores da USC-Laborate e dos seus asociados na UNL e outras universidades de Ecuador.
A.1.2.2.: Deseñar un centro piloto de investigación na UNL sobre ordenación territorial e información xeoespacial.
A.1.2.3.: Impulsar dúas accións de transferencia de investigación desde a UNL e en asociación coa USC-Laborate e a Fundación UDC sobre a utilización de tecnoloxía LIDAR e a tecnoloxía SIG-Web para servizo dos Gobernos Autónomos Descentralizados (GAD).
Directa: A Universidade Nacional de Loja, a Escola Politécnica Superior do Litoral (Guayaquil), a Escola Politécnica do Exército (Quito), a Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais do Ecuador (Quito), a Universidade Católica de Santiago de Guayaquil, a Universidade de Cuenca e a Universidade do Azuay (Cuenca). Ademais, o proxecto tamén afectará de xeito directo as seguintes persoas e entidades: alumnado, profesorado e investigadores relacionados coa ordenación do territorio e a información xeoespacial das sete universidades mencionadas e do CINFA; 20 acodes asistentes ao seminario internacional en Ecuador, sete estudantes ecuatorianos que se beneficiarán do programa de bolsas; unha persoa ecuatoriana da área de investigación da Fundación da Universidade de Coruña; dez docentes participantes no programa de estancias curtas na Universidade de Loja e outras universidades ecuatorianas; 20 estudantes asistentes á mestría en xestión sostible do territorio da Universidade de Loja.
224.338,00 (2012: 67.301,40; 2013: 157.036,60 )