Proxectos

Educación comprometida co coidado da vida

A presente intervención da Fundación InteRed en Galicia, parte das leccións aprendidas en anteriores proxectos de educación para o desenvolvemento da organización para dar lugar á nova campaña denominada “Principios para unha Revolución dos coidados”, que ten como base a ética do coidado e a relación desta coa construción da paz, a sostibilidade ambiental, a inclusión social e o pleno goce dos dereitos humanos de todas as persoas. A intervención concretarase de xeito máis preciso no proceso de identificación participativa que se está a desenvolver coas diferentes poboacións implicadas. Propóñense dous bloques de accións que permitirán avanzar e afianzar o traballo feito ata o momento: a educación para a vida coas comunidades educativas e a educación para a vida nas universidades, levando os contidos da Revolución dos Coidados ás aulas universitarias. De xeito transversal abordaranse os temas de masculinidades e coeducación.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Impulsar na cidadanía galega, procesos socio-educativos transformadores, capaces de xerar, a nivel persoal e colectivo, unha participación activa e comprometida a favor da xustiza, a equidade de xénero e a sostibilidade social e ambiental.
Obxectivo específico: Concientizar ao persoal docente galego (profesional e en formación) e formar ao alumnado para que leven a cabo procesos socioeducativos-transformadores, baseados na ética do coidado
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. O profesorado de 3 zonas xeográficas (O Barco, Ordés e zona periurbana de Vigo) e o alumnado de primaria da bisbarra de Viana do Bolo implícanse activamente activamente en procesos socioeducativos novidosos e incluíntes baseados na ética do coidado.
Actividades
A1.1.1: Cursos intensivos de formación ao profesorado, con procesos de investigación-acción sobre a ética dos coidados.
A1.1.2: Proceso de aprendizaxe-servizo entre o alumnado de primaria e persoas residentes nos xeriátricos de Viana do Bolo.
A1.1.3: Edición e impresión do Caderno de xénero.
Resultado 1.2. Co apoio do profesorado de ao menos dous campos universitarios galegos, organízanse actividades formativas continuadas, en torno a campaña “Actúa con coidados: transforma a realidade” co alumnado das carreiras de Ciencias da Educación, Pedagoxía e/ou Educación Social.
Actividades
A1.2.1: Obradoiros e/ou cursos de verán nos campus universitarios.
Resultado 1.3. Accións propostas para todos os Resultados
Actividades
A1.3.1: Elaboración do documento de planificación e liña de base.
A1.3.2: Seguimento e avaliación interna do proxecto.
A1.3.3: Informe de avaliación externa.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa

  • Adultos: 107 persoas (18 homes e 89 mulleres)
  • Menores: 39 (23 nenos e 16 nenas)

Indirecta

  • Adultos: 186 persoas (39 homes e 147 mulleres)
  • Menores: 1.216 (610 nenos e 606 nenas)
     
Axudas: 

30.000,00 €; 12.000,00 € (2015) e 18.000,00 € (2016)