EDUCACIÓN EN VALORES CIDADÁNS, ENFOQUE DE XÉNERO E DIÁLOGO INTERCULTURAL DE MOZOS/AS E MULLERES DA FRONTEIRA REPÚBLICA DOMINICANA - HAITÍ
Loitar contra a pobreza a través da promoción da equidade de xénero e o diálogo intercultural en República Dominicana (Dajabon) e Haití (Wanament)
SOCIEDAD CULTURAL ALMIRANTE COLÓN
Fomentar a educación en valores cidadáns de actores sociais claves (xóvenes e mulleres) da fronteira norte Haití- República Dominicana que contribúan a un cambio de actitudes garante dos Dereitos Humanos.
- Elaboración de materiais e realización de talleres, mesas, convivencias, cursos artísticos coas mozas e mozos para impulsar o intercambio entre os pobos haitiano e dominicano e a equidade de xénero
- Elaboración de materiais e realización de talleres, encontros, pasantías, coas mulleres para impulsar o intercambio entre os pobos haitiano e dominicano e a equidade de xénero
- Adquisición e equipamento do centro e difusión do mesmo
Directa: 80 mozas e mozos líderes comunitarios (40 por país), que actuarán como mediadoras e mediadores interculturais propiciando unha convivencia pacífica e creativa entre os dous países. 120 Mulleres líderes comunitarias (60 por país), que se verán empoderadas nunha perspectiva intercultural e enfoque de xénero impulsando a defensa dos dereitos das mulleres
Indirecta: 1400 persoas membros das diferentes organizacións comunitarias
95406