EDUCACIÓN TÉCNICA E VOCACIONAL PARA UNHA MELLOR INSERCIÓN LABORAL EN HONDURAS E NICARAGUA
Fortalecer e mellorar a educación básica de 1.720 mozos/as de Nicaragua e Honduras en situación de vulnerabilidade, con especial énfase no desenvolvemento de competencias profesionais para a súa inserción no mercado laboral.
FUNDACIÓN FE Y ALEGRÍA HONDURAS E NICARAGUA
Xeral: Contribuír ao aumento na inserción laboral dos mozos de escasos recursos en Nicaragua e Honduras.
Específicos:
OE1: 508 mozos/as de Nicaragua reciben unha formación profesional e ocupacional certificada.
OE2: 960 mozos/as de Honduras reciben unha formación profesional e ocupacional certificada.
Obxectivo específico 1
1. Revisión dos contidos, metodoloxía e carga horaria do programa de mecánica automotriz.
2. Análise de documentos diagnósticos cos que se conta.
3. Análise da información obtida na relación con donos de talleres profesionais e empíricos.
4. Comunicación e coordinación co INACTEC.
5. Elaboración do documento borrador de proposta de adecuación curricular.
6. Definición de requirimentos e especificacións técnicas de equipos e ferramentas necesarias para completar os talleres, laboratorios e áreas específicas da especialidade de mecánica automotriz.
7. Realización de cotizacións dos equipos e ferramentas no mercado local.
8. Análise das ofertas presentadas polos provedores locais/adxudicación das compras dos equipos e bens a adquirir.
9. Definición de termos de contratación, garantías e procedementos cos provedores para o subministro dos equipos e bens a comprar.
10. Compra, transporte e instalación dos equipos e bens adquiridos.
11. Adestramento ao equipo de instrutores que manipularán os equipos e ferramentas comprados.
12. Realización dos estudos necesarios para a construción.
13. Revisión e actualización de 1 currículo.
14. Elaboración de 2 novos programas de cursos de habilitación profesional.
15. Adecuación de espazos.
16. Compra de equipos e ferramentas e instalación de software de EGC.
17. Talleres de formación a docentes instrutores no novo plano.
18. Reprodución de materiais de ensino.
19. Promoción e selección de participantes.
20. Execución dos programas de formación. Realización de charlas.
21. Visitas ás empresas para xestionar o desenvolvemento das prácticas profesionais.
22. Seguimento dos estudantes nas prácticas profesionais.
23. Supervisión e seguimento na aula.
24. Formación do persoal da Dirección de Formación e Capacitación Técnica en contidos relacionados co modelo de xestión dos centros.
25. Deseño e implementación da estratexia de seguimento de graduados/as.
26. Creación de centro de servizos.
27. Deseño de unha estratexia de comunicación.
28. Organización e realización dun foro municipal sobre formación técnica.
Obxectivo específico 2
1. Compra de vehículo para mobilización en supervisións e acompañamento á rede de centros técnicos de FyAH.
2. Construción e adecuación de espazos para a formación nos centros técnicos.
3. Compra de equipo técnico para os talleres dos tres centros.
4. Compra de material funxible para o desenvolvemento dos cursos nos centros técnicos de FyAH: Centro Técnico Loyola e Centro Técnico Nazaret.
5. Compra de equipo técnico para os talleres dos centros.
6. Capacitación aos educadores técnicos que traballan na rede de centros de FyAH.
7. Implementar procesos de formación formal complementaria (desenvolvemento do plano IHER) nos centros que pertencen á rede de FyAH.
8. Reprodución de material de orientación e habilidades para o traballo para os estudantes que se benefician dos procesos de formación na rede de centros de FyAH.
9. Desenvolvemento dos cursos técnicos das diferentes especialidades.
10. Determinación de empresas e postos de traballo para prácticas profesionais dos estudantes de último ano.
11. Seguimento ás prácticas profesionais nas empresas.
12. Xestións encamiñadas ao estabelecemento e firma de programas con institucións/organizacións que apoien a formación técnica vocacional.
13. Seguimento a programas estabelecidos con institucións/organizacións que apoien a formación técnica vocacional.
Directa:
- Mozos/as que asisten aos programas de educación técnica segundo os seus perfiles formativos en diversas modalidades: en Honduras, dos 630 alumnos/as dos centros técnicos, 420 beneficiaranse do programa. En Nicaragua, beneficiaranse directamente 408 alumnos/as.
- Docentes e persoal das escolas segundo as modalidades de formación técnica: o programa apoiará a formación de 30 instrutores e profesores dos centros beneficiarios de Honduras (10) e Nicaragua (20).
- Equipos directivos: os equipos directivos de tres centros son capacitados en experiencias de formación baixo o enfoque de competencias, diagnóstico de necesidades do sector produtivo, mellora da xestión de escolas técnicas e vinculación entre a escola e a comunidade.
486.584,00 Euros-Orzamento total do proxecto: 762.247,38 Euros