EDUCACIÓN TÉCNICA EN NICARAGUA
Dando continuidade ao programa subvencionado pola Xunta de Galicia aínda en execución, a presente iniciativa pretende mellorar a educación técnica de ao redor de 2.700 estudantes de cinco centros educativos de Nicaragua, con énfase no desenvolvemento de habilidades profesionais para a súa inserción no mercado laboral.
Os centros educativos son: San Ignacio de Loyola e Instituto Básico Rural Agropecuario, no municipio de Somotillo (departamento de Chinandega); Inmaculada Concepción no municipio de Ocotal (departamento de Nova Segovia); e Nuestra Sra. de Guadalupe e San Francisco Javier no municipio Ciudad Sandino (departamento de Managua)
Fundación Fe y Alegría Nicaragua
Xeral:
Contribuír á inserción laboral de adolescentes, mozos/as e persoas adultas, de escasos recursos provenientes de barrios e comunidades marxinais dos departamentos de Managua, Chinandega e Nueva Segovia.
Obxectivos específicos:
En torno a 1.500 adolescentes, mozos/as e persoas adultas, reciben unha educación técnica que lles forma para o mundo do traballo
- Campaña de sensibilización.
- Diagnóstico de necesidades materiais e didácticas dos cinco centros educativos, cotización, compra e traslado.
- Construción e equipamento dunha aula de telemática no centro educativo San Francisco Javier de Mateare.
- Construción de dúas aulas-obradoiro no centro educativo San Ignacio de Loyola.
- Revisión e elaboración do plan de estudos de oito carreiras técnicas: operador de microcomputadora, carpintería e ebanistería, soldadura, repostería, corte e confección, contabilidade, administración de empresas e agropecuaria.
- Capacitacións e acompañamento a instrutores, docentes e responsables da educación técnica.
Directa:
- Estudantes de educación técnica: en torno a 1.500
- 20 docentes e outros responsables
- 40 persoas da comunidade
Indirecta: En torno a 2.700 estudantes
522.077,80 € (2009: 156.623,34 €, 2010: 156.623,34 €, 2011: 104.415,56 €, 2012: 104.415,56 €)