Proxectos

Education4ThePlanet: mocidade galega activados pola axenda 2030 e a acción polo clima

EDUCATION4thePLANET aborda Emerxencia climática e a desigualdade de xénero desde o actual sistema de produción e consumo de alimentos, baseado en sobreprodución, degradación ambiental e desigualdade. Promove unha cidadanía activa da mocidade galega con mirada ao Sur Global na defensa da Axenda 2030, en especial do ODS13, poñendo en valor a achega da contorna rural e mariño ante á emerxencia climática con Enfoque de Xénero e Baseado en Dereitos Humanos (EGBDH). Levarse a cabo en 2 municipios da Coruña, un deles rural e outro urbano, onde a través deste proxecto traballarase para que as e os mozos e as mulleres participantes:

  • Aumenten a súa capacidade de análise e coñecemento crítico.
  • Establezan alianzas coas organizacións de mulleres de distintos sectores e lugares e coa veciñanza dos municipios implicados.
  • Xeren accións de transformación das súas contornas cunha mirada global baixo o EXeBDH.

 

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Promover unha cidadanía activa da mocidade galega con mirada Sur Global na defensa da Axenda 2030, en especial do ODS13, poñendo en valor a achega da contorna rural e mariño ante á emerxencia climática con Enfoque de Xénero e Baseado en Dereitos Humanos (EXBDH).

Específico: Mellorar o coñecemento crítico, as prácticas e capacidade de acción transformadora da mocidade galega sobre a achega da contorna rural e mariño na loita contra a emerxencia climática, mediante a participación e incidencia social e política, desde unha perspectiva Norte-Sur con EXBDH.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Mozos galegos aumentan o seu coñecemento crítico sobre a importancia do desenvolvemento sostible, desde un punto de vista ecosocial, das contornas rurais e mariñas para a consecución do ODS13, a través de metodoloxías educativas innovadoras que inclúan o EXBDH e coñecementos do Norte-Sur global.

A.1.1.1: Deseñar, organizar e impartir 1 taller formativo coa metodoloxía "Mural polo Clima" sobre a importancia dos ecosistemas mariños e rurais na loita polo ODS13, con alumnado de 2 centros educativos galegos e 1 universitario.

A.1.1.2: Deseñar, organizar e impartir 1 talleres formativos sobre a vinculación do ODS13 e a produción agrícola, gandeira e pesqueira rexenerativa con EGBDH con alumnado de 2 centros educativos galegos e 1 universitario.

A.1.1.3: Organizar e implementar unha visita de 2 centros educativos galegos a unha explotación do sector primario que realice o seu labor con enfoque ecosocial, para sensibilizar sobre a importancia das contornas rurais e mariños na consecución do ODS13 de maneira lúdica e colaborativa.

A.1.1.4: Deseño dun proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS) con alumnado da facultade de Xestión Industrial da Moda, no Campus de Ferrol para a elaboración de produtos de moda sostible e sensibilización á cidadanía sobre a necesidade dun desenvolvemento ecosocial.

A.1.1.5: Elaboración dunha proposta pedagóxica para educación formal de secundaria “Mulleres de terra e mar ante o cambio climático" para a implementación dos talleres formativos, entrevistas e propostas de mobilización e comunicación co alumnado de centros educativos, que será testada na aula ao longo da vida do proxecto.

RE 1.2: Mozos de Galicia desde o seu coñecemento crítico sobre a importancia das contornas rurais e mariños na consecución do ODS13, realizan propostas de mobilización e comunicación para a trasformación social para a súa posta en valor reivindicando o papel das mulleres nestas contornas, con EXBDH.

A.1.2.1: Organizar e realizar as entrevistas por parte do alumnado de 2 centros educativos galegos para recolección de historias de vida de mulleres galegas vinculadas ao sector primario (pesca, agricultura, gandería...) e a súa vinculación co ODS13 (orientacións para o deseño da actividade incluídas na proposta pedagóxica "Mulleres de terra e mar e cambio climático").

A.1.2.2: Deseñar, organizar e realizar 1 Foro de Dialogo de mulleres galegas e latinoamericanas dedicadas ao sector primario (agricultura, gandería, pesca…) para poñer en común historias de vida vinculadas á produción sostible e rexenerativa para a consecución do ODS13.

A.1.2.3: Organizar e implementar as actividades de recollidas de residuos en praias e bosques galegos co alumnado de 2 centros educativos (orientacións para o deseño da actividade incluídas na proposta pedagóxica "Mulleres de terra e mar e cambio climático") convidando as familias no desenvolvemento da actividade.

A.1.2.4: Organizar e implementar talleres de ACTIVISMO co alumnado de 2 centros educativos galegos (orientacións para o deseño da actividade incluídas na proposta pedagóxica "Mulleres de terra e mar e cambio climático").

A.1.2.5: Organización e execución da proposta de ApS e codeseñan pezas e/ou artigos de moda con materiais reciclados e sustentables co alumnado universitario.

RE 1.3: Mozos de Galicia inciden ante a sociedade e as institucións con propostas propias que poñen en valor o papel crave da contorna rural e mariña fronte á emerxencia climática con EXeBDH.

A.1.3.1: Elaboración (redacción final, maquetación difusión) de publicación colaborativa "Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia" partindo das entrevistas realizadas polo alumnado (R2.A1).

A.1.3.2: Organizar e implementar 2 exposicións públicas coas pezas elaboradas con residuos e obxectos usados (R2.A4), para reivindicar a importancia das contornas rurais e mariños na consecución do ODS13 con participación de TR e TO e aberta ao público.

A.1.3.3: Deseñar, organizar e celebrar un encontro virtual de intercambio de coñecemento e experiencias entre alumnado de universidades galegas e mozas da rede ONSIDERS.

A.1.3.4: Deseñar, organizar e celebrar coa mocidade participante baixo o paraugas dun evento de exposición dos artigos de moda sostible (A5.R2) un acto de incidencia política para presentar ante representantes políticos (como TO) e medios de comunicación (TR) de Galicia os resultados e propostas de mellora do proxecto que contribúan á loita contra o cambio climático de maneira local e global.

A.1.3.5: Deseñar e executar unha Estratexia de Comunicación pública do proxecto, que cun enfoque de comunicación para o cambio social, amplifique o impacto das actividades.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 274 (49 homes; 85 mulleres; 69 nenos; 71 nenas)

Indirecta: 4.000 (1.500 homes; 2.000 mulleres; 250 nenos; 250 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

34.901,53 € (13.960,61 € en 2024 e 20.940,92 € en 2025)