Proxectos
01/01/2010

ELABORACIÓN DO III PLAN DE DESENVOLVEMENTO DA ILLA DE SANTO ANTÃO

O proxecto ten como meta relanzar o exercicio de planificación de carácter rexional no territorio da illa de Santo Antão, interrompido desde 2001 pola falta de recursos financeiros. Ese exercicio, pioneiro en Cabo Verde, deu excelentes resultados na década dos 90 e contribuíu en gran medida para a elaboración, procura de financiamento e execución de proxectos estruturais para illa en varios sectores do desenvolvemento socioeconómico.
O proxecto derivará nun documento que defina as estratexias de desenvolvemento da illa e integre as políticas sectoriais que máis acentuadamente caracterizan ese espazo socioeconómico
A metodoloxía de intervención na fase de elaboración do III Plan de desenvolvemento da illa de Santo Antão (III PDSA) baséase nunha ampla participación dos tres municipios, das entidades que operan nos sectores prioritarios de desenvolvemento e da poboación a través das ONG e asociacións comunitarias de desenvolvemento, para a actualización do diagnóstico, a reformulación das estratexias e a presentación de ideas de proxectos e programas a inserir no plano.
Período de execución: xullo – decembro 2010

Ano: 
2010
Rexión: 
África
País: 
CABO VERDE
Zona de actuación: 
Illa de Santo Antao
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
15110 - Política / planificación económica e do desenvolvemento
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Contraparte: 

Asociación dos Municipios de Santo Antão

Obxectivos: 

Diminuír o índice de pobreza nas tres cámaras municipais da illa de Santo Antão

Resultados e actividades: 

1: Actualizar o diagnóstico da illa coa participación dos distintos sectores de desenvolvemento
2: Reformular as estratexias sectoriais en sintonía cos planos estratéxicos sectoriais e as aspiracións locais de desenvolvemento
3: Elaboradas as fichas de identificación de proxectos
4: Redactar e divulgar o contido do III PDSA no seo dos principais actores de desenvolvemento da illa.

Poboación beneficiaria: 

Directa: os tres concellos da illa e que forman parte da Asociación de Municipios de Santo Antão: Paúl, Porto Novo e Ribeira Grande e a poboación en xeral da illa de Santo Antão, que se estima en torno aos 50.000 habitantes
Indirecta: os servizos desconcentrados do Estado, ONG e asociacións comunitarias de desenvolvemento, ministerios e todos os servizos da Administración Central.

Axudas: 

40000