Proxectos

Elas deciden

O proxecto intégrase nunha estratexia global de ACPP destinada a sensibilizar sobre os procesos de empoderamento das mulleres a un e outro lado desta “liña” Sur-Norte global e, ademais, dar a coñecer ao conxunto da sociedade a labor que desenvolven as mulleres das organizacións contrapartes locais para comprendelas mellor, rachar prexuízos e coñecer realmente as dimensións e implicacións da cooperación internacional.

A orixe da proposta xurde das necesidades detectadas na propia organización e nas reflexións plantexadas nos espazos de incidencia nos que ACPP participa, como a Coordinadora Galega de ONGDs. Observouse que, se ben existen diversas organizacións que levan a cabo accións de sensibilización relacionadas coa situación das mulleres en países do Sur, practicamente non se coñecen propostas que interconecten ambas realidades e, aínda menos, que interconecten titulares de dereitos como serán, neste proxecto, as mulleres salvadoreñas e as mulleres galegas organizadas en diversos colectivos de carácter feminista.

O proxecto desenvólvese en torno a 3 eixos: situación dos dereitos das mulleres en El Salvador; a relación con esa realidade dende ACPP-Galicia, e a necesidade de establecer vínculos para xerar aprendizaxes e fortalecer capacidade de cambio dos diferentes axentes que protagonizarán as accións.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao coñecemento, sensibilización e implicación no eido da cooperación internacional e sobre o papel dos movementos de mulleres na consecución da equidade de xénero no marco da Axenda 2030 (ODS 5).

Específico: Mellorar as capacidades da comunidade educativa galega, axentes chave e titulares de obrigas en materia de dereitos das mulleres, especialmente sexuais e reprodutivos.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Mellorados os coñecementos e actitudes de alumnado e profesorado sobre dereitos sexuais e reprodutivos.

                A 1.1.1 Elaboración da guía didáctica sobre o documental “En débeda con todas”.

                A 1.1.2 Monitoreo da guía didáctica en dous grupos de igualdade.

                A 1.1.3 Impresión da guía “En débeda con todas”.

                A 1.1.4 Presentación da guía didáctica en espazos estratéxicos para que cheguen ao profesorado.

                A 1.1.5 Sesións formativas sobre a guía metodolóxica nos centros interesados en aplicala.

RE 1.2. Fortalecidas as capacidades de axentes chave no ámbito da cooperación internacional con enfoque de xénero.

                A 1.2.1 Presentación da guía didáctica en espazos estratéxicos.

                A 1.2.2 Coordinación con axentes chave para a realización dunha formación.

                A 1.2.3 Difusión da formación.

                A 1.2.4 Formación “Cooperación para a transformación social: decolonialismo e enfoque de xénero”.

                A 1.2.5 Sistematización da formación.

RE 1.3. Contribuído á sensibilización e incidencia social e política.

                A 1.3.1 Actividade de sensibilización a través dunha charla aberta cunha muller activista de El Salvador.

                A 1.3.2 Reunións entre titulares de obrigas e muller activista de El Salvador.

                A 1.3.4 Sensibilización a través de entrevistas en medios de comunicación.

                A 1.3.5 Ciclo de visionado do documental “En deuda con todas”.

                A 1.3.6 Actividade de incidencia con motivo do Día Internacional polos Dereitos Sexuais e Reprodutivos (28 de setembro).

RE 1.4. Fomentada a coordinación e análise do proxecto de cara a súa visibilidade e sustentabilidade.

                A 1.4.1 Coordinación e seguimento do proxecto.

                A 1.4.2 Realización da liña de base do proxecto.

                A 1.4.3 Plan de comunicación.

                A 1.4.4 Campaña en redes sociais Dezimos.

                A 1.4.5 Realización da avaliación externa do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 345 persoas (220 mulleres e 145 homes), entre alumnado, profesorado, entidades ou iniciativas estratéxicas aliadas, organizacións e colectivas feministas e titulares de responsabilidades e poboación civil.

Indirecta: 19.500 persoas (11.300 mulleres e 8.200 homes).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 32.844,70 € (2020: 13.137,88 €; 2021: 19.706,82 €)