Elas deciden
O proxecto intégrase nunha estratexia global de ACPP destinada a sensibilizar sobre os procesos de empoderamento da muller a un e outro lado da “liña” Sur-Norte global e, ademais, dar a coñecer ao conxunto da sociedade a labor que desenvolven as mulleres das organizacións contrapartes locais coas que a ONGD traballa nos países do Sur para así comprendelas mellor, rachar prexuízos e para coñecer realmente as dimensións e implicacións da cooperación internacional. O proxecto ven precedido dunha fase anterior chamada tamén “Elas deciden”, que aínda está en execución. A propia idiosincrasia do “Elas deciden” baséase en irse adaptando a diversas temáticas e contextos xeográficos sen ter por que presentar unha continuidade necesaria co anterior proxecto. Polo tanto, este proxecto é unha simbiose entre actividades que ofrecen continuidade ca anterior intervención ao tempo que presenta novas temáticas e actividades. Esta vocación plásmase tamén na maneira na que se establecen os resultados de tal maneira que o primeiro ofrece unha continuidade sobre a guía didáctica “En deuda con todas”; o segundo resultado pódese definir como de transición e o terceiro aportaría o enfoque temático para esta proposta a través de introducir como temática vertebradora do proxecto o artivismo feminista. Completa o esquema de resultados un cuarto que sería transversal a todo o proxecto pois focalízase na xestión, coordinación e seguimento do mesmo.
Xeral: Contribuír ao coñecemento e sensibilización sobre o papel dos movementos de mulleres na consecución da equidade de xénero no marco da Axenda 2030.
Específico: Mellorar os coñecementos, capacidades e implicación da comunidade educativa galega, axentes chave e tecido social-asociativo en materia de Dereitos das mulleres, especialmente sexuais e reprodutivos.
RE 1.1. Mellorados os coñecementos e actitudes do profesorado sobre Dereitos Sexuais e Reprodutivos.
A.1.1.1. Coordinación para a realización dunha formación dirixida a profesorado a través do Plan Anual de Formación do Profesorado.
A.1.1.2. Formación “Promoción da equidade de xénero con enfoque de Dereitos”.
A.1.1.3. Seguimento e acompañamento do profesorado participante na formación.
A.1.1.4. Participación no Foro Galego de Educación en Igualdade ou equivalente.
A.1.1.5. Seguimento e acompañamento sobre a guía metodolóxica nos centros interesados en aplicala.
RE 1.2. Fortalecidas as capacidades de axentes chave no ámbito da cooperación internacional con enfoque de xénero.
A.1.2.1. Coordinación para a realización dunha formación dirixida a estudante universitario en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.
A.1.2.2. Formación “Promoción da equidade de xénero con enfoque de Dereitos” dirixida a estudante universitario en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.
A.1.2.3. Coordinación e difusión para a realización da formación “Creatividade para a transformación social”.
A.1.2.4. Formación “Creatividade para a transformación social”.
A.1.2.5. Encontro entre artivistas salvadoreñas e galegas.
RE 1.3. Contribuído á sensibilización e incidencia social a través do artivismo feminista.
A.1.3.1. Realización dunha campaña explicativa sobre artivismo.
A.1.3.2. Cartografía social de artivismo feminista en Galicia.
A.1.3.3. Proxección do documental sobre Dereitos Sexuais e Reprodutivos e a loita feminista en República Dominicana.
A.1.3.4. Coordinación para a elaboración dun axenda feminista (2023).
A.1.3.5. Elaboración da axenda feminista (2023).
RE 1.4. Fomentada a coordinación e análise do proxecto de cara a súa visibilidade e sustentabilidade.
A.1.4.1. Coordinación e seguimento do proxecto.
A.1.4.2. Realización da liña de base do proxecto.
A.1.4.3. Plan de comunicación e Redes Sociais.
A.1.4.4. Encontro da equipa que conforma o proxecto.
A.1.4.5. Realización da avaliación externa do proxecto.
Directa: 149 persoas, das cales 50 son homes e 99 son mulleres.
Indirecta: 14.300 persoas, das cales 6.000 son homes, 8.000 mulleres 100 nenos e 200 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 35.000,00 € (2021:14.000,00 €; 2022: 21.000,00 €)