Proxectos

Elas deciden: corpo, territorio e paz. Fortalecendo o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista

Elas Deciden intégrase nunha estratexia global de Asemblea de Cooperación pola Paz dende o ano 2020 que xira entorno ao fortalecemento das relacións entre movementos feministas e de mulleres do Sur e Norte Global, identificando necesidades transversais e accións para a promoción da igualdade e o intercambio de coñecementos entre os territorios a un e outro lado do Atlántico.

A presente proposta leva por título: “Elas deciden: corpo, territorio e paz. Fortalecendo o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista” en consonancia do Obxectivo de Desenvolvemento 5 da Axenda 2030 e parte do reto global da persistencia das desigualdades de xénero e a invisibilización das contribucións das mulleres ao desenvolvemento e á paz.

A actual proposta vén precedida de catro anteriores, tamén aprobadas e financiadas na convocatoria de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global da DXRREEeUE dos anos 2020, 2021, 2023 e 2025, das que se dará conta no apartado seguinte. Precisamente na convocatoria de 2023, traballouse arredor dos conceptos corpo-territorio-paz aos que se lles dará continuidade como fío condutor. Ademais, esta proposta intégrase e beberá da convocatoria de programas de cooperación no exterior da DXRREEeUE - tamén aprobada, financiada e en execución - “Abraza tu mar”. Polo tanto, non se trata dunha intervención illada senón que forma parte, como se mencionaba ao inicio, dunha estratexia global, especificamente no caso de Galicia.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Programas EDCG
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Fortalecer unha cidadanía crítica e comprometida coa equidade de xénero e a cultura de paz feminista mediante procesos artísticos, pedagóxicos, comunicativos e de intercambio cultural en consonancia co ODS 5 da Axenda 2030.

Específico: Promover o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista facilitando espazos de intercambio de experiencias e fortalecendo capacidades críticas e creativas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Garantida a adecuada implementación, seguimento, coordinación e análise do programa de acordo con criterios de rendición de contas e sustentabilidade baixo un enfoque de horizontalidade e ética dos coidados.

A.1.1.1. Realización da xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto (Mes 1 a 26).

A.1.1.2. Establecemento da Liña de Base (LdB) (Mes 1 a 4).

A.1.1.3. Realización da avaliación final externa con enfoque de xénero (Mes 23 a 26).

A.1.1.4. Realización da auditoría (Mes 13 e 26).

A.1.1.5. Socialización do proxecto e encontros da equipa (Mes 3, mes 13 e mes 26).

RE 2.1. Promovida a reflexión crítica e aprendizaxes significativas a través do emprego de ferramentas prácticas e metodoloxías vivenciais transformadoras asociadas a procesos de cambio persoal e que aumente o compromiso social.

A.2.1.1. Deseño metodolóxico do laboratorio de circo social “Habitar o corpo, construír a paz” (Mes 4 a 7).

A.2.1.2. Xestións das inscricións e seguimento coas persoas participantes (Mes 8 a 17).

A.2.1.3. Realización do módulo 1: "Corpo, territorio de paz: o clown como territorio" (Mes 14).

A.2.1.4. Realización do módulo 2: “Corpos en equilibrio: circo e Cultura de Paz” (Mes 17 a 21).

A.2.1.5. Cabaré de circo social “Habitar o corpo, construír a paz” (Mes 21 e 22).

RE 3.1. Fomentado o intercambio de experiencias e de saberes sobre organización comunitaria e defensa dos territorios das mulleres vinculadas á pesca artesanal de Galicia e El Salvador mediante procesos artísticos e de intercambio cultural.

A.3.1.1. Representación de “Colando agua” de La Cachada Teatro sobre o rol das mulleres vencelladas á pesca artesanal en El Salvador en localidades pesqueiras galegas (Mes 7 a 9).

A.3.1.2. Representación de “Colando agua” de La Cachada Teatro sobre o rol das mulleres vencelladas á pesca artesanal en El Salvador nun equipamento cultural (Mes 7 a 9).

A.3.1.3. Encontro do grupo teatral La Cachada con grupos de mulleres vencelladas á pesca de Galicia: Talleres Método Cachada (Mes 7 a 9).

A.3.1.4. Laboratorio de creación e transferencia metodolóxica (Mes 6 a 15).

A.3.1.5. Itinerancia da exposición “Mulleres do mar de El Salvador e Galicia” (Mes 2 a 16).

RE 4.1. Promovida a reflexión crítica e a sensibilización social arredor da construción de paz e dos feminismos pacifistas mediante accións de investigación, divulgación e recursos lúdicos-pedagóxicos.

A.4.1.1. Investigación sobre mulleres pacifistas e feminismo (Mes 5 a 10).

A.4.1.2. Elaboración do xogo “Feminismos no tempo: pacifismo” (Mes 11 a 13).

A.4.1.3. Taller-presentación do xogo (Mes 14 a 22).

A.4.1.4. Realización da xornada "Corpos e territorios en paz" (Mes 25).

A.4.1.5. Gravación da xornada (Mes 25).

RE 5.1. Promovida a comunicación para o cambio social e comunicación para o desenvolvemento e mellorada a visibilidade do proxecto e a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A.5.1.1. Actualización da imaxe gráfica do proxecto (Mes 1 a 4).

A.5.1.2. Plan de comunicación (Mes 1 a 26).

A.5.1.3. Campaña de difusión de proxectos de Cooperación Galega: proxectos de corpo, de territorio e de paz. ODS (Mes 1 a 26).

A.5.1.4. Xuntanzas con TdR e TdO a diferentes niveis (Mes 1 a 26).

A.5.1.5. Participación activa en espazos estratéxicos a nivel local, estatal e internacional (Mes 1 a 26).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 530 persoas (177 homes, 319 mulleres e outros 34)

Indirecta: 1.060 persoas (354 homes, 638 mulleres e outros 68)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 110.000,00 € (27.500,00 € en 2026, 41.250,00 € en 2027 e 41.250,00 € en 2028)