Proxectos

Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de intercambio de experiencias e capacidades para aumentar o compromiso social e institucional coa equidade de xénero e a xustiza social.

“Elas Deciden” é un proxecto da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) desde 2020 que fortalece a colaboración entre movementos feministas do Sur e Norte Global. Busca identificar necesidades comúns e promover a igualdade de xénero mediante o intercambio de coñecementos e experiencias. A proposta actual céntrase en sensibilizar sobre o empoderamento das mulleres e visibilizar a súa labor nos territorios onde ACPP traballa. Ten compoñentes de incidencia social e política e fomenta redes entre organizacións de ambos hemisferios. Bébese de experiencias previas, incluída unha exposición de fotovoz sobre mulleres e o seu vínculo co mar en El Salvador e Galicia. Integrarase con programas de cooperación existentes, como “Abraza tu mar”.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao coñecemento e sensibilización sobre o papel das mulleres e dos movementos feministas na consecución da equidade de xénero no marco da Axenda 2030 (ODS 5)

Específico: Promover a equidade de xénero facilitando espazos de intercambio de experiencias e capacidades para aumentar o compromiso social e institucional coa equidade de xénero e a xustiza social.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fomentada e garantida a axeitada coordinación, seguimento e análise do proxecto dacordo a criterios de rendición de contas, sustentabilidade e aprendizaxe colectiva.

A 1.1.1. Realización da xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto.

A 1.1.2. Establecemento da Liña de Base (LdB) e realización da avaliación final externa.

A 1.1.3. Fortalecemento da comunicación para a transformación social con enfoque de xénero e difusión dos ODS: plan de comunicación.

A 1.1.4. Participación do persoal técnico de ACPP Galicia na formación de "Descolonización".

RE 1.2. Xerados espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas a través de metodoloxías transformadoras e asociadas a procesos de cambio persoal.

A-1.2.1. Encontros da equipa que conforma o proxecto.

A 1.2.2. Deseño metodolóxico e coordinación previa.

A 1.2.3. Realización do proceso de cartografías líquidas: atlas e mapa sonoro.

A 1.2.4. Realización do proceso de cartografías líquidas: mensaxes nunha botella.

RE 1.3. Visibilizado e promovido a concienciación social sobre o rol das mulleres en procesos de coprodución e gobernanza.

A 1.3.1. Actualización da exposición "Elas deciden: mulleres do mar de El Salvador e Galicia tecendo redes".

A 1.3.2. Inauguración da exposición "Elas deciden: mulleres do mar de El Salvador e Galicia tecendo redes".

A 1.3.3. Coordinación de itinerancia da exposición en espazos públicos e de incidencia social e política.

A 1.3.4. Elaboración dun recetario tradicional con produtos pesqueiros e de proximidade.

RE 1.4. Fomentado o intercambio de experiencias e capacidades como medio para o aumento do compromiso social e institucional coa equidade de xénero e a xustiza social.

A 1.4.1. Identificación de espazos estratéxicos para a elaboración da axenda da visita Sur de maneira coordinada e participada, así como a coordinación das tarefas requiridas.

A 1.4.2. Xira de representantes salvadoreñas do sector pesqueiro artesanal e do movemento feminista.

A 1.4.3. Xuntanzas entre activistas do Sur e Titulares de Responsabilidades (TdR) e Titulares de Obrigas (TdO) de Galicia.

A 1.4.4. Sensibilización social a través da presenza en medios de comunicación das activistas do Sur.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 69 (55 mulleres e 14 homes)

Indirecta: 1000 (500 mulleres/nenas e 500 homes/nenos)

Axudas: 

37.000,00 € (14.800,00 € en 2025 e 22.200,00 € en 2026)