Proxectos

Emerxencia en Siria: acceso a necesidades básicas para os/as refuxiados/as sirios/as

Este convenio de colaboración ten por obxecto contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as nos países limítrofes e próximos a Siria (Turquía, Líbano, Xordania, Iraq e Exipto), asegurando o acceso a servizos de emerxencia, a través da provisión de artigos non alimentarios básicos de emerxencia a 210 sirios/as do campo de refuxiados de Za'atri, en Xordania.

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Asia
País: 
XORDANIA
Axentes: 
ESPAÑA CON ACNUR
Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios/as asegurando o acceso aos servizos de emerxencia.
Obxectivo Específico: Prover á poboación refuxiada do campo de intervención do proxecto (210 sirios/as no campo de Za´atri, Xordania) de artigos non alimentarios básicos de emerxencia (segundo estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu uso doméstico). 

Resultados e actividades: 

A1: Coordinación para a chegada da axuda humanitaria dende os puntos de entrada ao país ata o campo de intervención do proxecto.
A2: Distribución de Kits non alimentarios entre a poboación refuxiada residente no campo de intervención do proxecto.

 

Axudas: 

10000