Proxectos

EMERXENCIA PARA O CENTRO LOXÍSTICO HUMANITARIO DA COOPERACIÓN ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA, CON SEDE EN PANAMÁ

Tras a sinatura en decembro de 2009 dun convenio marco de colaboración asínase o primeiro protocolo adicional entre a FAHG e a AECID.
O protocolo permitirá continuar coa colaboración e a coordinación de resposta ante urxencias entre a FAHG e a AECID, tal e como se vén facendo nos últimos acontecementos que requiriron deste tipo de actuación.
O Centro Loxístico Humanitario da Cooperación Española en América Latina foi inaugurado en 2008 co fin de lle dar unha rápida resposta ao elevado índice de desastres que, de maneira recorrente, sofre Centroamérica, o Caribe e parte de América Latina, e que poderían acentuarse nas próximas décadas. A súa localización en Panamá ofrece unhas grandes vantaxes comparativas para establecer unha rede loxística adecuada: identificación de provedores humanitarios, servizos de almacenaxe e facilidades para o transporte de mercancías.
Con este proxecto poderase financiar: paquetes hixiénicos, mosquiteiras, paquetes cociña, material de acubillo, material de auga e saneamento e outro material xenérico "non food item".

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Latinoamérica
País: 
Sen especificar
Axentes: 
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

AECID.

Código CRS: 
43010 - Axuda multisectorial
Obxectivos: 

Contribuír por parte da FAHG á dotación de material de urxencia para o Centro Loxístico Humanitario da Cooperación Española en América Latina en Panamá

Axudas: 

65000