Empoderamento económico e socioambiental de mulleres, mozos e nenez rurais con enfoque de dereito e xénero en Nicaragua
O proxecto contribúe a promover cambios individuais e colectivos que conduzan a relacións máis equitativas, xustas entre homes e mulleres na redución da violencia baseada no xénero a través de accións de prevención. É unha acción socio-educativa que aposta e recoñece a importancia da participación e empoderamento económico de mulleres rurais, contribuíndo a previr violencia baseada en xénero nos ámbitos social, económico e ambiental, desde a perspectiva persoal, familiar e comunitaria.
A intervención fortalece as capacidades de titulares de dereitos para liderar procesos comunitarios, incorpora prácticas de equidade de xénero, fortalece iniciativas económicas sostibles e incrementa a adopción de prácticas agroecológicas e de xestión sostible dos recursos naturais.
Asociación Centro de Servicios Educativos en Salud y Medio Ambiente (CESESMA)
Xeral: Contribuír ao desenvolvemento sostible e equitativo de 8 comunidades rurais do departamento de Matagalpa, mediante o empoderamento económico e socioambiental de mulleres, xuventude e nenez.
Específico: Incrementar as capacidades de mulleres, xuventude, nenez e familias para o empoderamento económico e socio ambiental na promoción da equidade de xénero.
RE 1.1 Fortalecidas as capacidades de mulleres, homes, novos, nenez e as súas familias como titulares de dereitos para liderar procesos comunitarios e incorporar prácticas de equidade de xénero nas súas contornas.
A.1.1.1 Obradoiros de capacitación con mulleres e homes adultas/sobre igualdade, equidade de xénero e novas masculinidades
A.1.1.2 Obradoiros de capacitación con nenas e nenos sobre igualdade, equidade de xénero e novas masculinidades
A.1.1.3 Formación con homes sobre prevención de violencia, roles de xénero e construción de masculinidades positivas baseadas na igualdade
A.1.1.4 Plans de acción comunitarios para a prevención da violencia de xénero
A.1.1.5 Intercambio de experiencias con actores locais para a prevención da violencia baseada en xénero e respecto á diversidade a nivel familiar e comunitario
A.1.1.6 Campaña comunitaria "Construíndo igualdade de xénero"
RE 1.2 Fortalecidas as capacidades e iniciativas económicas sostibles lideradas por mulleres e mozas rurais que promoven a equidade de xénero e contribúen á conservación ambiental.
A.1.2.1 Formación a mulleres e mozas en educación financeira e administración básica de negocios
A.1.2.2 Formación de mulleres emprendedoras en plans de negocios
A.1.2.3 Presentación de Plans de negocios a núcleos familiares
A.1.2.4 Habilitación de emprendementos inclusivos e responsables co medioambiente
A.1.2.5 Feiras municipais "Promovendo emprendementos igualitarios e responsables co medio ambiente"
RE 1.3 Incrementada a adopción de prácticas agroecolóxicas e de xestión sostible dos recursos naturais por parte de nenez rural e as súas familias.
A.1.3.1 Capacitación a nenez e as súas familias en prácticas orientadas á mellora ambiental
A.1.3.2 Fortalecemento de brigadas ambientais comunitarias
A.1.3.3 Feira comunitaria ambiental
Directa: 500 (350 mulleres/nenas, 150 homes/nenos)
Indirecta: 1.280 (900 mulleres/nenas, 380 homes/nenos)
185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)