Proxectos

Empoderamento económico, social e político de mulleres guaraníes da Autonomía Indíxena Charagua Iyambaé (Bolivia)

O proxecto contribuirá a que mulleres guaranís da Autonomía Indíxena Charagua Iyambaé en Bolivia, exerzan os seus dereitos de maneira efectiva en canto ao económico, político e social, sendo estas resilientes ante unha crise acentuada pola COVID-19. Para o logro do obxectivo, plantéxase a xeración de oportunidades a 300 mulleres guaranís a través da formación técnica, acompañamento na posta en marcha de emprendementos e promoción de dereitos sociais básicos. A vulneración de dereitos e a dependencia económica, xeran conflitos moi sensibles nos núcleos familiares, moito máis afondado cos efectos da pandemia da COVID19.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Santa Cruz (departamento)
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Fundación Instituto Radiofónico Fe y Alegría (IRFA)

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
1516000 - Dereitos humanos
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Mulleres guaranís exercen de maneira efectiva os seus dereitos económicos, políticos e sociais na  Autonomía Indígena Charagua Iyambae (Bolivia) de forma resiliente logo da crise acentuada pola pandemia da COVID19

Específico: Xerar oportunidades a 300 mulleres guaranís a través da formación técnica, acompañamento e promoción de dereitos sociais básicos

Resultados e actividades: 

R.1. Deseño e implementado o proceso educativo bilingüe inter-intracultural e centrado en xénero (en guaraní e castelán) na formación técnica de mulleres indíxenas guaraníes.

A.1.1. Socialización do proxecto aos axentes locais
A.1.2. Negociación con actores estratéxicos (organización indígena, Dirección Distrital de Educación y autoridades de la Autonomía Indígena Guaraní Charagua Iyambae)
A.1.3. Sinatura de convenios Organizacións Indíxenas e Autonomía
A.1.4. Elaboración da liña de base
A.1.5. Identificación de infraestruturas (espazos físicos) nas comunidades para centros educativos
A.1.6. Adecuación e equipamento de 2 centros educativos
A.1.7. Desenvolvemento participativo dos temarios das 2 especialidades técnicas integrais con enfoque nos dereitos das mulleres
A.1.8. Elaboración de materiais educativos - Textos - audiovisuais - titorías bilingües (guaraní - castelán)

R.2. 300 mulleres guaraníes acceden a formación técnica e apoio para iniciar e/ou reactivar empresas produtivas afectadas pola pandemia de Covid-19.

A.2.1. Inscrición de participantes
A.2.2. Posta en marcha do proceso formativo con sesións presenciais de educación técnica integral
A.2.3. Organización da Feira Educativa produtiva
A.2.4. Procedementos administrativos ante as instancias educativas públicas
A.2.5. Selección e acompañamento de proxectos piloto para o seu inicio e/ou reactivación
A.2.6. Apoio ao investimento para a posta en marcha de iniciativas priorizadas
A.2.7. Reunións con organizacións indíxenas e autoridades de autonomía para información, rendición de contas e xeración de compromisos

R.3. Campañas de sensibilización e incidencia pública e política realizadas para promover o exercicio dos dereitos das mulleres indíxenas guaraníes.

A.3.1. Produción de material multimedia: programas de radio, cuñas, vídeos. RRSS, trípticos
A.3.2. Campaña de comunicación para promover cursos de formación técnica
A.3.3. Encontros de diálogo con mulleres indíxenas empoderadas para o pleno exercicio dos seus dereitos
A.3.4. Acompañamento das mulleres indíxenas para presentar a proposta de mitigación socioeconómica dos efectos do Covid-1
A.3.5. Obradoiro de sensibilización sobre xénero e novas masculinidades a líderes indíxenas masculinos
A.3.6. Sistematización de boas prácticas
A.3.7. Socialización da avaliación externa de proxectos con enfoque de xénero.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 350 persoas (50 homes e 300 mulleres)

Indirecta 100.350 persoas (60.000 homes, 40,000 mulleres, 147 nenos e 203 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

225.000 € (90.000 € en 2022 e 135.000 € en 2023)