Empoderamento social e económico das mulleres rurais de 3 municipios do corredoiro seco Madriz/Nicaragua
A presente proposta enmárcase dentro dun plan de actuación e estratéxico máis amplo e a longo prazo, pois as estratexias implementadas enmárcanse nas prioridades definidas na Estratexia País de Axuda en Acción Nicaragua, no cal se establece como mandato a presenza en Corredor Seco de Madriz como unha das 3 zonas priorizadas no país.
A Fundación Axuda en Acción mantén presenza na zona de intervención desde hai máis de 7 anos nos municipios de Totogalpa e San Lucas, implementando accións de cooperación ao desenvolvemento nos ámbitos de Seguridade Alimentaria e Dereitos das mulleres con emprendementos resilientes adaptados ao Cambio Climático.
O presente proxecto contribuirá por tanto, ao exercicio da cidadanía económica e política das mulleres rurais, reducindo a súa vulnerabilidade persoal e social ante os efectos do cambio climático en 10 comunidades de 3 municipios do Corredor seco de Madriz: San Lucas (La Manzana, Río Arriba, El Porcal), Telpaneca (Los Ranchos, Las trojas) e Totogalpa (Buena Vista El Cuaje, Grupo Wascasoni, Mamel, Cayantu, Verapaz).
Movimiento Comunal Nicaragüense
Obxectivo xeral: Contribuír ao exercicio da cidadanía económica e política das mulleres rurais, reducindo a súa vulnerabilidade persoal e social ante os efectos do cambio climático en de os territorios de Totogalpa, Telpaneca e San Lucas no Corredor Seco de Nicaragua.
Obxectivo específico: Promover a participación económica e liderados das mulleres novas rurais en 10 comunidades dos territorios de Totogalpa, Telpaneca e San Lucas do Corredor Seco de Madriz Nicaragua.
Resultado 1.1: Mellorada a capacidade organizativa e de liderado das mulleres rurais nas súas comunidades e territorio.
- A.1.1.1: Sensibilización e formación en identidades de xénero a 292 mulleres dos tres territorios.
- A.1.1.2. Sensibilización a 217 homes en construción de masculinidades positivas e o seu impacto nas mulleres.
- A.1.1.3: Construción e medición de indicadores xénero con 292 mulleres 217 homes.
- A.1.1.4. Implementación de Escola de liderado con mulleres novas rurais de tres territorios (6 módulos de 2 días cada un).
Resultado 1.2: Fortalecidas capacidades de articulación e influencia de mulleres organizadas ante garantes de dereito e titulares de responsabilidades.
- A.1.2.1.: Construción de 3 Axendas Socioeconómicas das Mulleres organizadas de Totogalpa, Telpaneca e San Lucas (1 por territorio).
- A.1.2.2: Intercambio de experiencias entre mulleres dos tres territorios para validar e socializar as Axendas Socioeconómicas
- A.1.2.3: Foro territorial de mulleres rurais no corredor seco co Grupo de Acción Territorial ( GAT) de Madriz “Resultados Axendas socio económicas inclusiva con mulleres novas rurais dos territorios”.
- A.1.2.4: Estratexia de Influencia e divulgación para posicionar a Axenda de mulleres en plataformas organizativas nacionais: Coordinadora de Mulleres Rurais e Rede de Empresarias de Nicaragua ( REN).
Resultado 1.3. Mulleres inseridas ao mercado con alternativas económicas sustentables.
- A.1.3.1: Fortalecemento organizativo a mulleres vinculadas a iniciativas económicas con potencial de mercado (apicultura).
- A.1.3.2 Asesoría en desenvolvemento empresarial para elaboración e implementación de plans de negocio a grupos por iniciativas económicas (apicultura)
- A.1.3.3: Asesoría técnica especializada orientada a procesos de produción a grupos por iniciativas económicas en apicultura.
- A.1.3.4: Asesoría técnica especializada orientada a procesos de comercialización de apicultura
- A.1.3.5: Curso de resiliencia adaptativa ante a variabilidade climática en 10 comunidades dos territorios Totogalpa, Telpaneca e San Lucas no Corredor Seco de Nicaragua.
- A.1.3.6: Habilitación produtiva para o desenvolvemento de iniciativas económicas de mulleres organizadas en apicultura.
Directa: Homes (217), Mulleres (292)
Indirecta: Homes (485), Mulleres (684)
Axuda Xunta de Galicia: 175.000,00 € (2018: 70.000,00 € / 2019: 105.000,00 €)