Proxectos

EN ACCIÓN CONTRA A DESIGUALDADE. PLÁNTALLE CARA Á POBREZA!

Levar a cabo varias liñas de acción, co compromiso de informar/formar/sensibilizar sobre os desastres e a desigualdade de xénero e económica.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Formar e sensibilizar á poboación galega en xeral, e ao alumnado de centros educativos (formais e non formais) e integrantes de asociacións de mulleres rurais en particular, acerca das causas que orixinan as desigualdades no mundo e a pobreza.

Resultados e actividades: 

- Edición e difusión dun documental sobre o protagonismo da muller no desenvolvemento dos países empobrecidos de Latinoamérica, en concreto, en Nicaragua.
- Realización e difusión dunha exposición fotográfica (e material informativo de acompañamento) sobre a situación da muller en África antes do mes de decembro de 2009.
- Realización dun xogo de rúa adicado á sensibilización sobre a prevención de riscos e desastres: RISCOLANDIA
- Realización dunha exposición “tipo cómic" (e material de acompañamento) que explique os principios do comercio xusto dende unha perspectiva infantil

Poboación beneficiaria: 

- Mundo educativo, tanto formal, como non formal, especialmente o alumnado.
- Organizacións de mulleres do ámbito rural.
- Medios de comunicación.
- Público en xeral destinatario das accións dos grupos de voluntariado de Axuda en Acción (particularmente xente nova).

Axudas: 

22518