Proxectos

En-red-adas no cambio

ENREDADAS no cambio é un proxecto pioneiro que permite conectar a experiencia e o longo traballo de Taller de Solidaridad en cooperación internacional co traballo de sensibilización e cidadanía global. Quérese crear unha sensibilización horizontal, dirixida nesta primeira fase do proxecto a catro colectivos destinatarios diferentes:

- Mulleres emprendedoras e organizacións empresariais de mulleres das 4 provincias galegas.

- Mulleres emprendedoras e organizacións de mulleres de 3 dos países onde Taller de Solidaridad impulsou iniciativas de emprendemento, cooperativismo e promoción do traballo individual ou colectivo: Perú, Colombia e Nicaragua.

- Estudantes de formación profesional das 4 provincias galegas.

- Estudantes de educación técnico-produtiva de 3 dos países onde Taller de Solidaridad traballa en cooperación: Perú, Colombia e Nicaragua.

Respecto ás accións realizadas cos distintos colectivos, debido á situación de pandemia actual priorizarase o traballo virtual, pero aspirando a levar a cabo un encontro presencial entre todas as partes implicadas á finalización desta primeira fase, cunha viaxe a Galicia dalgunhas das emprendedoras e/ou estudantes de Perú, Colombia ou Nicaragua.

Nos Centros de Formación Profesional galegos, sempre que sexa posible, realizaranse sesións presenciais durante o segundo e terceiro trimestre do curso escolar 2021-2022, combinadas con accións virtuais cos e as estudantes de Nicaragua, Colombia e Perú.  Realizaranse conexións en liña de centros de formación de aquí e de alí, con formacións, traballos comúns e concursos virtuais. No caso de que a situación sanitaria non permita a realización de actividades presenciais, realizaranse actividades virtuais dinamizadas polo persoal de Taller de Solidaridad e crearanse materiais que poidan ser utilizados polo propio profesorado dos centros. Doutra banda desenvolveranse actividades en rede entre emprendementos de mulleres galegas e dos países mencionados, xerando espazos de formación e de intercambio de experiencias, contando co apoio dunha plataforma virtual.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Transformar o imaxinario colectivo de xénero en relación ao emprendemento feminino para cambiar os patróns socio culturais, no marco dos ODS 5, 8, 10 e 12, contribuíndo á construción dunha cidadanía global igualitaria.

Específico: Promover a creación dunha rede global que permita visibilizar e analizar as desigualdades de xénero existentes no ámbito do emprendemento, promovendo a creación de novas iniciativas, baixo o marco dos ODS, no contexto da COVID-19.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. 350 mozos (180 mulleres e 170 homes) de 8 centros educativos galegos de formación profesional básica, media e/ou superior toman conciencia sobre as dificultades que teñen as mulleres para acceder a un emprego digno e emprender un negocio, incluíndo a discriminación interseccional, agravado polo contexto global de crise sanitaria.

            A.1.1.1. Reunións cos coordinadores de emprendemento dos 8 Centros de Formación Profesional galegos para a presentación e coordinación das actividades do proxecto.

            A.1.1.2. Deseño e elaboración das actividades educativas do proxecto “ENREDADAS no cambio”.

            A.1.1.3. Elaboración da Programación anual de actividades do proxecto para cada centro de formación profesional.

            A.1.1.4. 350 mozos participan en actividades de carácter presencial e/ou virtual en función da situación sanitaria.

RE 1.2. 1035 mozos (518 mulleres e 517 homes) de entre 16 e 25 anos pertencentes a centros de formación profesional galegos, e de centros de educación técnico-produtiva de Perú, Colombia e Nicaragua, participan en actividades de sensibilización sobre diferentes problemáticas que afectan as mulleres a nivel internacional, fundamentalmente en relación co acceso ao traballo digno e o emprendemento, no contexto da Covid-19.

            A.1.2.1. Reunións virtuais cos coordinadores dos 3 Centros de Educación Técnico-Produtiva de Colombia, Perú e Nicaragua para a presentación e coordinación das actividades do proxecto.

            A.1.2.2. Deseño dun plan de comunicación cun apartado específico destinado á difusión do proxecto en todos os centros de formación profesional de Galicia, para a participación nas actividades virtuais.

            A.1.2.3. Elaboración da Programación anual de actividades virtuais do proxecto cos centros de FP e Educación Técnico-Produtiva interesados.

            A.1.2.4. Realización dun Quizz virtual con 1035 mozos de Galicia (500 mulleres e 500 homes), Nicaragua, Colombia e Perú (18 mulleres e 17 homes) estudantes de formación profesional.

            A.1.2.5. 1035 mozos e mozas participan en actividades de carácter virtual.

RE 1.3. Creada unha rede de mulleres de 15 emprendementos de Galicia e 10 emprendementos de Colombia, Perú, e Nicaragua, onde intercambian experiencias sobre emprendemento feminino no contexto actual da Covid-19 e compártenas cos e as estudantes participantes do proxecto.

            A.1.3.1. Reunións coas mulleres emprendedoras galegas para a presentación e planificación das actividades.

            A.1.3.2. Reunións virtuais coas mulleres emprendedoras colombianas, peruanas e nicaraguanas para a presentación e planificación das actividades.

            A.1.3.3. Realización dun taller formativo virtual coas mulleres emprendedoras de Galicia, Nicaragua, Perú e Colombia.

            A.1.3.4. Organización dunhas xornadas virtuais na que participen todos os colectivos destinatarios para compartir experiencias.

            A.1.3.5. Organización dun intercambio de experiencias presencial (se a situación sanitaria permíteo) entre mulleres emprendedoras e estudantes dos 4 países, á finalización desta fase do proxecto.

RE 1.4. Realizado e presentado un estudo de investigación social con liña de base sobre o emprendemento feminino que permita identificar as semellanzas e diferenzas que atopan as mulleres á hora de comezar unha iniciativa empresarial nos distintos contextos xeográficos e culturais, relacionándoo cos ciclos ou familias formativas dos centros de formación profesional, no contexto da COVID-19.

            A.1.4.1. Contratación dunha consultoría para a realización do estudo de investigación con liña de base sobre o emprendemento feminino.

            A.1.4.2. Elaboración do estudo de investigación con liña de base sobre o emprendemento feminino.

            A.1.4.3. Realización dun acto de presentación presencial (se a situación sanitaria permíteo) do estudo diagnóstico.

            A.1.4.4. Realización dun acto virtual de presentación do estudio diagnóstico.

            A.1.4.5. Deseño da campaña de comunicación do proxecto que contemple a elaboración e difusión de notas de prensa e xestión de medios e RRSS.

            A.1.4.6.  Creación e difusión de material audiovisual para RRSS e medios de comunicación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1060 persoas beneficiarias de maneira directa, das cales 25 son mulleres, 517 rapaces de 16 a 25 anos, e 518 rapazas de 16 a 25 anos.

Indirecta: 1950 persoas beneficiarias de maneira indirecta, das cales 700 son homes, 750 mulleres, 225 rapaces de 16 a 25 anos e 275 rapazas de 16 a 25 anos.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.985,00 € (2021: 13.994,00 € ; 2022: 20.991,00 €)