Enredadas no Cambio: Cartografía sonora do emprendemento feminista Norte-Sur Global Voces, saberes e territorios que sosteñen a vida.
Busca ampliar e enriquecer o imaxinario colectivo sobre o emprendemento, incorporando voces, saberes e prácticas económicas habitualmente ausentes dos relatos hexemónicos. A proposta articúlase arredor dunha cartografía sonora dixital, aberta e interactiva, construída colectivamente ao longo de tres anos a partir dos relatos de mulleres emprendedoras de Galicia, Perú, Bolivia, Guatemala e Nicaragua. A cartografía non é un arquivo nin un produto final pechado: é un proceso continuo de escoita, investigación, comunicación e encontro que permite documentar e conectar experiencias de emprendemento vinculadas aos coidados (das persoas, da terra, do oficio...) á soberanía alimentaria, á apicultura, ao turismo sostible ou ás economías comunitarias, entre outras.
Xeral: Transformar o imaxinario colectivo sobre o emprendemento, visibilizando e conectando osliderados invisibles de mulleres que sosteñen a vida en territorios rurais e periféricos do Norte e Sur Global, e mobilizar a cidadanía galega cara á xustiza económica global, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 5, 8, 10, 12 e 17).
Específico: Achegar á sociedade galega o emprendemento feminista, tecendo redes de apoio mutuo e alianzas solidarias entre mulleres emprendedoras de territorios rurais e periféricos de Galicia e de América Latina (Perú, Bolivia, Guatemala e Nicaragua) apoiadas dende a cooperación galega, e visibilizando esas conexións a través dunha cartografía sonora viva.
RE 1.1. Tecida unha rede viva de conexión entre emprendedoras Norte-Sur, activa e con intercambios reais de saberes a través de irmandamentos sectoriais, colaboratorios presenciais e outras conexións horizontais.
A.1.1.1. Incorporación da entidade investigadora e codeseño participativo da investigación coas emprendedoras (2026- 2027).
A.1.1.2. Desenvolvemento da co-investigación: as emprendedoras achegan os seus saberes e experiencias, que a entidade investigadora integra e sistematiza en diálogo con elas (2026–2027).
A.1.1.3. Redacción colaborativa do informe divulgativo e do Manifesto ou texto curatorial, con validación por parte das emprendedoras (2027–2028).
A.1.1.4. Sistematización das aprendizaxes do proceso piloto e difusión pública (2028).
RE 2.1. Tecida unha rede viva de conexión entre emprendedoras Norte-Sur, activa e con intercambios reais de saberes a través de irmandamentos sectoriais, colaboratorios presenciais e outras conexións horizontais.
A.2.1.1. Identificación, selección e formalización dos irmandamentos sectoriais Norte-Sur (2026).
A.2.1.2. Seguimento e acompañamento da rede de conexión (2026–2028).
A.2.1.3. Realización dos colaboratorios presenciais Norte-Sur (2027 e 2028).
RE 3.1. Construída e difundida unha plataforma de cartografía sonora viva, eixo dunha estratexia de innovación e comunicación continua que visibiliza o emprendemento feminista e a cooperación galega e xera na cidadanía conciencia crítica sobre a xustiza económica global e a solidariedade Norte-Sur
A.3.1.1. Deseño e desenvolvemento da cartografía sonora (2026–2027).
A.3.1.2. Produción e recollida de voces para a cartografía (2027–2028).
A.3.1.3. Comunicación continua e alianza con medios (2026–2028).
A.3.1.4. Peche e presentación pública da cartografía (2028).
Directa: 20 mulleres.
Indirecta: 2.000 persoas (800 homes e 1200 mulleres).
Xunta de Galicia: 110.000,00€ (27.500,00€ en 2026, 41.250,00€ en 2027 e 41.250,00€ en 2028).