Enredadas no Cambio: Fase III
“Enredadas no cambio” nace co obxectivo de transformar o imaxinario colectivo en torno ao emprendemento feminino para cambiar os patróns socioculturais no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5,8,10 e 12, contribuíndo á construción dunha cidadanía global igualitaria.
A presente proposta é a terceira fase do proxecto e propón continuar afianzando a rede internacional de Emprendemento e Solidariedade (RIES), unha rede global entre mulleres procedentes de distintos contextos sociais, xeográficos e culturais, que permita visibilizar e analizar as problemáticas que afectan ás mulleres a nivel internacional, fundamentalmente en relación co acceso ao traballo digno e o emprendemento.
Para conseguilo, o proxecto propón 3 vertentes diferentes que implican a 2 colectivos principais:
- Mulleres emprendedoras (locais, migrantes en Galicia, e latinaomericanas)
- Estudantes de Bacharelato e FP
- Sociedade galega en xeral
Xeral: Transformar o imaxinario colectivo de xénero con relación ao emprendemento feminino para cambiar os patróns socio culturais, no marco dos ODS 5, 8, 10 e 12 contribuíndo á construción dunha cidadanía global igualitaria.
Específico: Consolidar a rede global de mulleres que permita visibilizar e analizar as desigualdades de xénero existentes no ámbito do traballo digno e o emprendemento feminino en liña cos ODS; a través da xeración de espazos e dinámicas de profundización, reflexión, intercambio e mobilización para mulleres e educando ás futuras xeracións de líderes en modelos de éxito e liderado que promovan a igualdade de xénero e o traballo digno como vía para a redución das desigualdades no contexto local-global.
RE 1.1 Afianzada a "Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade (RIES)" con polo menos 40 mulleres da contorna emprendedora das 4 provincias galegas e 20 procedentes de Perú, Colombia, Nicaragua e Bolivia, visibilizando as diferentes problemáticas que lles afectan e analizando desde o foco dos ODS os diferentes retos aos que se enfrontan.
A.1.1.1 Encontro de lanzamento do proxecto coa participación das emprendedoras, os centros educativos e os órganos con competencias das entidades públicas e privadas.
A.1.1.2 Realización de 8 encontros presenciais con 40 emprendedoras sobre ‘Emprendemento consciente’ que promova a dinamización da rede global de ENREDADAS NO CAMBIO, Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade.
A.1.1.3 Formación en plataforma virtual para polo menos 30 emprendedoras galegas e 10 de América Latina sobre o impacto dos emprendementos e a maneira de liderado na consecución dos ODS, con influencia local-global.
A.1.1.4 Participación de emprendedoras galegas nun foro internacional no que participen mulleres emprendedoras precedentes de distintos contextos xeográficos, sociais e económicos no que compartir experiencias e aprendizaxes a modo de peche do proxecto.
A.1.1.5 Creación dun espazo virtual específico para a dinamización das emprendedoras galegas e de América Latina participantes na Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade, incluíndo un forte compoñente de dinamización en RRSS.
RE 1.2 850 mozos (430 mulleres e 420 homes) de entre 16 e 25 anos pertencentes a centros educativos de Formación Profesional e Bacharelato, toman conciencia sobre as dificultades que teñen as mulleres para acceder a un emprego digno e emprender un negocio, incluída a discriminación interseccional que sofren, todo iso enmarcado na consecución dos ODS.
A.1.2.1 Organización de 3 Sesións presenciais en 8 centros de formación profesional e bacharelato nos que profundar sobre desigualdades de xénero no acceso ao traballo digno e emprendemento feminino incluíndo a participación de mulleres emprendedoras.
A.1.2.2 Participación de mozas de centros de formación profesional e bacharelato e outras entidades sociais en actividades de sensibilización ao redor dun libro e unha exposición fotográfica “Enredadas no Cambio”.
A.1.2.3 Actividades virtuais para visibilizar a realidade da desigualdade das mulleres fóra do mundo laboral e do emprendemento.
RE 1.3 2.235 persoas (1318 mulleres e 917 homes) do ámbitos educativo e empresarial de Galicia e de América Latina reciben información sobre a desigualdade de xénero a nivel global en relación co acceso ao emprendemento, incluído factores de discriminación interseccional, cunha perspectiva global e no marco dos ODS.
A.1.3.1 Creación, deseño, distribución y difusión de un libro "De Nenas a Lendas: Enredadas en el Cambio".
A.1.3.2 Presentación da exposición fotográfica "Enredadas no Cambio” a centros educativos e outras entidades sociais de Galicia.
Directa: 497 homes + 888 mulleres + 420 nenos + 430 nenas = 2.235 persoas
Indirecta: 2.500 homes + 3.500 mulleres = 6.000 persoas
Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ en 2023 e 21.000€ en 2024)