Proxectos

Entre-nós

En Ecos do Sur levan dende o ano 1991 desenvolvendo estratexias comúns en migracións e desenvolvemento co obxecto de fomentar a participación do colectivo migrante en tecidos asociativos, acompañado de procesos de articulación transnacional das súas organizacións e redes, prestando especial atención ao papel da muller migrante como promotora dun modelo de desenvolvemento igualitario. Así, o proxecto Entre-nós busca acadar unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e acollida. Para isto, as tres liñas de actuación propostas procurarán o fortalecemento do actual tecido asociativo.

En primeiro lugar, realizarase unha fase de diagnóstico da realidade do tecido asociativo en Galicia, co fin de coñecer cal é o seu funcionamento, expectativas e ámbitos de actuación, entre outras. A través do informe final xerado crearanse unha serie de grupos de traballo con esas entidades co fin de deseñar unhas liñas de actuación consensuadas para a mellora da xestión de entidades de inmigrantes galegas.

Na segunda fase do proxecto, iniciarase unha acción formativa que fortaleza as asociacións participantes en materia de xestión asociativa, captación de fondos e introdución ao desenvolvemento e xénero.

Finalmente, crearanse ferramentas de comunicación e apoio para o intercambio de boas prácticas, así como para favorecer unha asesoría personalizada para todas as asociacións de inmigrantes en materia de fortalecemento, codesenvolvemento e enfoque de xénero.

Para dar continuidade ao proxecto, as propias entidades beneficiarias do mesmo poderán seguir adiante neste proceso de adquisición de coñecementos e fortalecemento para emprender novas accións e iniciativas de codesenvolvemento e emprendemento local, presentando proxectos ás distintas convocatorias de subvencións públicas e privadas. Deste xeito se garante o efecto multiplicador das accións emprendidas no proxecto Entre-nós.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ECOS DO SUR
MESTURA
Código CRS: 
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Lograr unha maior implicación das persoas e asociacións desenvolvemento das súas localidades de orixe e de acollida.
Obxectivo Específico: Fortalecidas as asociacións de inmigrantes participantes no proxecto situadas en Galicia.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Identificadas as asociación interesadas en participar en procesos de reforzo en materia de codesenvolvemento.
Actividades:
A.1.1.1.: Realizar un estudo de necesidades e expectativas das asociacións de migrantes de Galicia.
A.1.1.2.: Realizar grupos de traballo e participación.
Resultado 1.2.: Formadas as asociacións de inmigrantes en codesenvolvemento e enfoque de xénero.
Actividades:
A.1.2.1.: Formadas as asociacións de migrantes participantes en codesenvolvemento.
Resultado 1.3.: Creadas ferramentas de comunicación e apoio que melloren a xestión das asociacións e promovan iniciativas de codesenvolvemento.
Actividades:
A.1.3.1.: Crear unha asesoría on-line e presencial en materia de xestión de asociacións e o enfoque de codesenvolvemento.
A.1.3.2.: Deseñar e crear un blog interactivo.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 40 asociacións de inmigrantes galegas que participarán na fase de diagnóstico e redacción das liñas de acción, 20 asociacións de inmigrantes beneficiaranse das formacións proxectadas, 30 asociacións de inmigrantes iniciarán os traballos en rede.
Indirecta: As persoas inmigrantes asociadas ás entidades beneficiarias.

Axudas: 

28.200,00 (2012: 9.870,00; 2013: 18.330,00)