Entre-Nós II
O proxecto Entre-Nós II, continuación doutro financiado na convocatoria do pasado ano 2012, contribúe a lograr unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e de acollida. Logo de desenvolver unha fase de diagnóstico da realidade do tecido asociativo de Galicia e de crear grupos de traballo provinciais con estas entidades, continuará o traballo de xeito que se poidan elaborar liñas consensuadas de actuación e mellora da súa xestión. Neste período realizaranse sesións formativas para titorizar ás persoas participantes sobre actividades de sensibilización e sobre a posibilidade de levar a cabo proxectos de emprendemento, tanto en países de orixe como en destino. Paralelamente, na segunda anualidade da execución do proxecto terá lugar a presentación de boas prácticas sobre codesenvolvemento e a constitución de federacións, para que as asociacións poidan ter un bo exemplo do traballo que se está a facer neste ámbito noutras zonas do país. Ao mesmo tempo ofrecerase asesoría en liña para todas as entidades participantes que teñan dúbidas, tanto sobre a xestión de entidades como sobre o desenvolvemento das actividades.
Obxectivo Xeral: Lograr unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e acollida.
Obxectivo Específico: Fomentada a participación das asociacións de inmigrantes na identificación e xeración de proxectos de codesenvolvemento en países de orixe e acollida.
Resultado 1.1: Identificadas as posibilidades de proxectos de desenvolvemento local e comunitario no país de destino e de orixe.
Actividades:
A.1.1.1: Formar Grupos de Traballo Provinciais (GTP) para a identificación de proxectos.
A.1.1.2: Titorizar e asesorar ás asociacións sobre a realización de actividades de sensibilización positiva.
A.1.1.3: Capacitar sobre emprendemento social.
Resultado 1.2: Mellorado o traballo en rede fomentando o intercambio de boas prácticas.
Actividades:
A.1.2.1: Presentación de boas prácticas nos GTP sobre codesenvolvemento e constitución de federacións.
A.1.2.2: Realización dunha Xornada Aberta sobre Codesenvolvemento e Migración.
A.1.2.3: Reunións con outros actores como universidades e outras ONG de atención ao inmigrante para posibles colaboracións no ámbito do proxecto.
A.1.2.4: Identificación inicial de contactos transacionais.
Resultado 1.3: Consolidadas as ferramentas de comunicación e apoio para mellorar a xestión das asociacións e promovan iniciativas de codesenvolvemento.
Actividades:
A.1.3.1: Consolidar a asesoría en liña e presencial en materia de xestión de asociacións e enfoque de codesenvolvemento.
A.1.3.2: Organizar a nova páxina web do proxecto.
Directa: 90 (60 mulleres)
Indirecta: 1.200
29.799,00 (2013:11.919,60; 2014:17.879,40)