Entreno Conciencia: Deporte, Comercio Xusto e consumo responsable comparten valores en Galicia. Fase II
O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega nas súas 4 provincias: Lugo, Ourense, Coruña e Pontevedra, sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo nas persoas que producen o que compramos e consumimos, a través dun acto san e cotián como é a práctica de deporte. Preténdese contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e respecto ao Medio Ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS). Trátase dunha segunda fase dun proxecto que comezou en setembro do ano 2017 grazas á subvención da Xunta de Galicia a través da súa convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global Un proxecto global de sensibilización e educación para o desenvolvemento: educativo, de investigación e mobilización social e que actualmente se está desenvolvendo en 4 cidades galegas, 7 centros educativos, 8 Escolas Deportivas Municipais e máis de 1.000 participantes. 10 actividades deportivas que axudan a achegar o consumo responsable e Comercio Xusto aos máis novos, desde un enfoque de igualdade de xénero. Todo iso acompañado por un estudo sociolóxico inicial con liña de base e unha actividade final de presentación de resultados do mesmo a través dun Foro Municipal, que se acompaña dunha exposición interactiva.
Obxectivo xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS).
Obxectivo específico: Sensibilizar á comunidade educativa de centros educativos e usuarios de escolas deportivas municipais galegas sobre o impacto que os nosos hábitos de consumo teñen sobre as persoas que producen o que compramos e consumimos, e ofrecer alternativas de comercio xusto e consumo responsable dende un enfoque inclusivo e igualitario, ligadas a un acto san e cotiá como o deporte.
Resultado 1.1: A comunidade educativa de 9 Centros Educativos (Ces )en 6 municipios galegos (Lugo, Vigo, Ourense, Ribeira, Touro e Pastoriza), toman conciencia sobre os valores do Comercio Xusto e o consumo responsable, desde un enfoque inclusivo e igualitario e de Dereitos Humanos, baixo o marco dos ODS, a través da participación en actividades lúdicas e deportivas.
ACTIVIDADE 1.1.1: Reunións cos equipos directivos dos 6 Centros Educativos para a presentación e coordinación das actividades do proxecto
ACTIVIDADE 1.1.2: Elaboración da Programación anual de actividades do proxecto para cada Centro Educativo.
ACTIVIDADE 1.1.3: Realización das actividades lúdico deportivas expostas para os Centros Educativos (Tanto as da Fase I como as da Fase II)
ACTIVIDADE 1.1.4: ” Quiz” Entreno conciencia”: aplicación móbil parta medir como de adestrada tes a túa conciencia”
ACTIVIDADE 1.1.5: Liga “Entreno conciencia”
ACTIVIDADE 1.1.6: Divulgación e comunicación das actividades do proxecto nos Ces
Resultado 1.2: Os usuarios e usuarias de 9 Escolas Deportivas Municipais ( EDMs) de 6 municipios galegos (Lugo, Lalín, Ourense, Ribeira, Touro e Pastoriza) toman conciencia sobre o Comercio Xusto e o consumo responsable como alternativas, desde un enfoque de igualdade de xénero e Dereitos Humanos a través do deporte e os seus valores, baixo o marco dos ODS.
ACTIVIDADE 1.2.1: Reunións de coordinación e preparación coas Escolas deportivas municipais ( EDMs)
ACTIVIDADE 1.2.2: Photocall Entreno Conciencia
ACTIVIDADE 1.2.3: Participación cunha caseta informativa en xornadas de ligas deportivas
ACTIVIDADE 1.2.4: Desenvolvo as actividades deportivas con nenos e nenas de 12 a 15 anos e posible poboación adulta que utilicen as instalacións dos EDMs
ACTIVIDADE 1.2.5: Divulgación e comunicación das actividades do proxecto en EDMs
ACTIVIDADES TRANSVERSAIS A TODOS Os RESULTADOS
ACTIVIDADE E1: Actualización de perfil dos novos participantes da fase II
ACTIVIDADE E2: Deseño de ferramentas de recollida de información: entrevistas, enquisas e/ou encontros participativos Sociólogas responsables da avaliación, Técnico/a de sensibilización
ACTIVIDADE E3: Análise da información e elaboración de informe final de avaliación final
Directa: Participarán unhas 1.845 persoas, unhas 618 mulleres e uns 1.227 homes; dos cales, 615 son nenas e 1.160 nenos. Estas cantidades están conformadas por nenas/os de 12 a 15 anos, de diversos Centros Educativos: 4 en Lugo, 3 en Ourense e 3 en Vigo e 2 en Coruña. Ademais, as persoas que son usuarias das Escolas Deportivas Municipais (EDM), de idades comprendidas entre os 20 e os 69 anos.
Indirecta: De maneira indirecta, coas diferentes actividades chégase a unhas 5.570 persoas; das cales 2.900 son mulleres e 2.670 homes, e 2.500 nenas e 2.000 nenos.
Axuda Xunta de Galicia: 34.780,58 €; 13.912,23 € (2018) y 20.868,35 € (2019)