Proxectos

ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMENINO EN SALEM

Este proxecto traballa por terceiro ano consecutivo o obxectivo de diminuír o infanticidio feminino e para isto buscar diminuír a desigualdade de xénero cambiando as percepcións sociais de homes e mulleres. Ao enfocar o problema deste xeito tamén se incidirá na resolución doutras prácticas que atentan contra os dereitos das mulleres (violencia estrutural, económica, cultural e física) dende a infancia ata a idade adulta

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Asia
País: 
INDIA
Zona de actuación: 
Tamil Nadu (estado)
Salem (distrito)
Axentes: 
IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

People’s Development Initiative

Código CRS: 
15164 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Diminuír a discriminación que sofren 2220 nais de nenas (con risco de cometer infanticidio feminino) dos catro bloques (Omalur, Tharamangalan, Idappadi, Konganapuram) do distrito de Salem, no estado federal de Tamil Nadu (India), co obxectivo de empoderalas e a comunidade respecte os seus dereitos.

Resultados e actividades: 

- Establecer visitas periódicas coas mulleres embarazadas con risco de cometer infanticidio (aquelas que xa teñen unha filla ou máis) para animalas a facer un seguimento médico pre e post-natal
- Proporcionar apoio psicolóxico especializado ás nais de fillas e ás súas familias para axudar a resistir a presión social e evitar o infanticidio
- Creación dun centro de apoio ás mulleres e de 50 grupos de autoaxuda
- Campañas de sensibilización
- 36 cursiños sobre capacidades para a vida para 1440 adolescentes (mozos e mozas)

Poboación beneficiaria: 

203.880 persoas
Directa: 3880 persoas
Indirecta: 200.000 persoas

Axudas: 

24080