Proxectos

  • FURACÁN IDA

    O 7 de novembro prodúcese na costa salvadoreña un furacán de categoría 1 na escala Saffir-Simpson de cinco niveis.

  • CESIÓN DE MATERIAL DENTRO DE UN PROXECTO DE APOIO NA PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS.

    A provincia de Moxos, situada ao norte de Bolivia, no límite con Brasil é un territorio con baixa densidade de poboación e alta dispersión territorial, que se caracteriza pola presenza de grandes ríos con fortes crecidas, zonas de selva pechada con camiños e sendas de terra ou barro, e clima tropical, onde abundan as intensas chuvias. Posúe unha poboación de máis de 50.000 habitantes da familia dos Arawac, que se distribúe en 109 comunidades campesiñas e dous territorios indíxenas divididos a súa vez en 77.

  • ENTREGA DE AXUDA HUMANITARIA CON DESTINO HAITÍ

    Convenio de colaboración mediante o cal a FAHG fai entrega de 48 toneladas de leite en po e o custo do seu transporte para que sexan distribuídas en colexios de Puerto Príncipe, que tras o paso dos furacáns Gustav e Hanna quedaron seriamente afectadas

  • ASISTENCIA E ATENCIÓN BÁSICA DIARIA DE ANCIÁNS E ENFERMOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

    A parroquia do Espíritu Santo a través deste proxecto cobre as necesidades básicas das persoas máis vulnerables do barrio de La Habana Vieja. A través de entrevistas e visitas sociais individualizan e coñecen o caso de cada persoa e prestan axuda sen distinción de raza ou relixión, valoran comparativamente en equipo para ofrecer unha axuda axeitada á necesidade presentada. Contan cun total de 120 persoas na súa maioría anciáns, que regularmente reciben axuda directa dende a parroquia.

  • CONTRIBUIR AO TRANSPORTE DE LEITE DESNOTADO EN PO PARA O PROGRAMA DO PAÍS 10092.0 DO PMA EN GUATEMALA

    A FAHG e o PMA asinan unha carta de acordo mediante a cal a FAHG achega 40 toneladas de leite en po (cedidos á FAHG pola Consellería de Medio Rural) xunto cun desembolso metálico necesario para o transporte, e o PMA comprométese a transportar o alimento dende o porto de Vigo ata o porto de Santo Tomás de Castilla, en Guatemala, de conformidade coas normas e procedementos do PMA, levar a cabo a distribución, xestionar os fondos para a contribución achegados pola FAHG

  • CONSTRUCIÓN DO CENTRO INFANTIL ´´HEWAR´´

    Construción dun novo centro infantil no campo de refuxiados de Asker que sexa adecuado para lles proporcionar unha educación aos nenos e nenas, é ao mesmo tempo, un contorno propicio para que poidan aprender e xogar. Será o único centro que levará a cabo actividades durante todo o ano, co cal se evita que estes nenos e nenas teñan que xogar nas rúas
     

  • ENVIO DE 72 TN DE LEITE EN PO

    Os devastadores furacáns Gustav, Hanna e Ike deixaron unha estela de desolación en Cuba. Segundo as autoridades cubanas, só o furacán Gustav causou danos materiais por máis de 3 millóns de dólares. A causa desta situación, dende a FAHG acórdase doarlle 72 TN de leite en po (doada pola Consellería de Medio Rural) ao goberno cubano e págase o transporte dende Galicia ata Cuba. A dita doazón faixe a través da Empresa Executora de Donativos (EMED) adscrita ao Ministerio para a Inversión Económica e a colaboración Económica (MINVEC).
     

  • DOAZÓN DE LEITE EN PO

    Mediante un convenio de colaboración entre a FAHG e a Federación Nenos do Mundo a FAHG fixo unha achega de 231,425 toneladas de leite en po e de 56.000 euros para o transporte desta (ambos subministrados pola Consellería de Medio Rural). A FNM distribuíu este leite en po en diversos países: Guatemala 13,75 Ta, Perú 10,20 Ta, Bolivia 27 Ta, Chile 24,50 Ta e Sáhara 24,50 Ta. A FNM fixo unha identificación de cada entidade beneficiaria en cada país e obtivo os permisos precisos para a entrega e distribución da leite en po.

  • APOIO SANITARIO PARA DAR COBERTURA ÁS NECESIDADES SANITARIAS BÁSICAS DA POBOACIÓN VIVINDO EN CAMPOS DE PERSOAS DESPRAZADAS INTERNAS EN ESTADO DE SATURACIÓN

    Trala sinatura de unha carta de colaboración con Farmacéuticos Mundi, esta entidade expresa a situación de emerxencia na que se encontran 7.000 persoas internamente desprazadas en Kenia. Nas eleccións do 27 de decembro de 2007 o país súmese en un escenario de violencia extrema, provocando que numerosos grupos de persoas se viran obrigadas a abandonar os seus fogares e integrarse en campos de desprazados que foron montados en diferentes puntos no interior do país e próximos á zona de conflito.
     

  • FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES PARA A XESTIÓN DOS RISCOS DE DESASTRE, NAS COMUNIDADES SITAS NA CONCA DO RÍO SAMALÁ.

    Este proxecto oriéntase ao fortalecemento de condicións e capacidades para a prevención e atención de riscos a desastres, a través da formacións constante de líderes comunitarios, fortalecemento da organización e preparación de plans de urxencia comunitarios e municipais.