Proxectos
-
IMPULSO AO DEREITO DE NENOS, NENAS E MOZOS/AS TRABALLADORES E EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN A UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL E DE CALIDADE, DENDE O ENFOQUE DE XÉNERO E DE DEREITOS HUMANOS
O proxecto busca consolidar os programas iniciados no Centro de prevención e loita contra a explotación infantil "La Libélula" de Tarija, que promove unha atención integral de calidade á poboación infantil, dende unha proposta inserida e aberta ao barrio no que se sitúa, e coa participación das familias e comunidade veciñal.
-
MELLORA E PROMOCIÓN DA EDUCACIÓN PRIMARIA PARA NENOS, NENAS E MOZOS/AS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE NA LOCALIDADE DE CHOKWE, PROVINCIA DE GAZA, MOZAMBIQUE -2ª FASE
O presente proxecto é unha continuación do proxecto "Mellora e promoción da educación primaria para nenos, nenas e mozos en situación de vulnerabilidade na localidade de Chokwe, provincia de Gaza, Mozambique". Esta intervención ten como finalidade conseguir unha mellora cuantitativa e cualitativa do ensino nos cursos de 7º e 8º, que actualmente se están a impartir na Escola San Vicente de Chokwe.
Período de execución: xuño 2010 – maio 2011 -
FORTALECER A AUTOESTIMA E PERCEPCIÓN SOBRE SI MESMAS DE MULLERES EN SITUACIÓN DE PROSTITUCIÓN E/OU VÍTIMAS DA TRATA DE PERSOAS CON ENFOQUE NOS SEUS DEREITOS ECONÓMICOS, SEXUAIS E REPRODUTIVOS, MEDIANTE O FOMENTO E ACOMPAÑAMENTO EN PROCESOS DE FORMACIÓN
O proxecto propón a consolidación no distrito metropolitano de Quito dun programa de atención integral enfocado no fomento dos dereitos económicos, sexuais e reprodutivos de mulleres, tanto ecuatorianas coma colombianas, que sufriron vulneración nos seus dereitos humanos e que son vítimas da trata de persoas ocasionados, entre outros factores, pola situación de violencia e migración procedente de Colombia cara a Ecuador.
-
MELLORA DA SEGURIDADE ALIMENTARIA EN FAMILIAS RURAIS DE SANTIAGO DE CHUCO A TRAVÉS DO FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES PRODUTIVAS E ORGANIZATIVAS
O proxecto implementarase na serra de La Libertad, no norte de Perú, en 17 casaríos onde se desenvolve unha agricultura de subsistencia con baixos rendementos produtivos por superficie e por animal.
No ámbito de intervención do proxecto identificáronse unidades produtivas con baixos ingresos económicos e escasos excedentes de produción. Isto fai que nas familias dos pequenos produtores, a seguridade alimentaria sexa moi vulnerable, situación que o proxecto intenta solucionar.Período de execución: xuño 2010- novembro 2011
-
APOIO INTEGRAL A ACTORES CLAVE DO SISTEMA DOMINICANO DE INNOVACIÓN PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DA REPÚBLICA DOMINICANA BASEADO NA ECONOMÍA DO COÑECEMENTO
O proxecto enfoca a cooperación para o desenvolvemento promovida pola Xunta de Galicia dende o punto de vista da mellora do sistema dominicano de innovación e do reforzamento da política de I+D e innovación do goberno da República Dominicana.
-
FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL DA UNIVERSIDADE NACIONAL DE LOJA: DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO, FORMACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DISPOÑIBILIDADE DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA PARA FOMENTAR A XESTIÓN SUSTENTABLE DO TERRITORIO
Coa execución do proxecto formaranse profesionais de institucións vinculadas á xestión territorial, a través do deseño e execución dun máster en Xestión Sustentable do Territorio; fortaleceranse as capacidades do Centro Integrado de Xeomática Ambiental (CINFA) da Universidade Nacional de Loja, como ente local de formación especializada, dotándoo do equipamento necesario para impartir formación avanzada e especializando as súas capacidades e coñecemento en xestión do territorio a través da formación de catro investigadores na USC e a reincorporación na UNL dun investigador formado na USC; e
-
ASISTENCIA TÉCNICA PARA A MELLORA DA EXECUCIÓN DO SECTOR DA AUGA NO DISTRITO DE PALMA – CABO DELGADO
O proxecto encádrase no sector da auga e ten un compoñente principal de reforzo institucional. A intervención parte dos problemas detectados no sector de abastecemento de auga rural, sendo o principal a falta de sostibilidade nas fontes de auga. Para mellorar a actuación das institucións descentralizadas do sector da auga e saneamento de Cabo Delgado para a sostibilidade e equidade dos servizos de auga rurais no distrito de Palma, proponse unha asistencia técnica externa para o acompañamento de cada unha das actividades previstas e proporcionar formación en servizo.
-
FORTALECEMENTO DAS LIÑAS DE DESENVOLVEMENTO PRODUTIVO E SAÚDE COMUNITARIA DO PROGRAMA INTEGRAL DE MELLORA DO BARRIO DE SANTA LUCIA/ LA MOSCA
O obxecto do proxecto é fortalecer as liñas de desenvolvemento produtivo e de saúde do Programa Integral para a Mellora do Barrio de Santa Lucía/ La Mosca en Santiago de los Caballeros, financiado pola Xunta de Galicia dende o ano 2008.
-
COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN AMBIENTAL: CLAVES NA CALIDADE NA COOPERACIÓN GALEGA
A través do presente proxecto, Amigos da Terra e Agareso porán en marcha un plan de mellora baseado en varios aspectos:
- Xestión de Amigos da Terra e Agareso nas áreas de comunicación, administración e proxectos.
- Coordinación de accións de sensibilización e difusión de proxectos.
- Capacidade das organizacións para o deseño e realización de campañas e actividades de sensibilización, educación para o desenvolvemento e incidencia social. -
MELLORA DA CALIDADE E DA EFICACIA DO LABOR DE ARQUITECTOS SIN FRONTERAS
O Plan estratéxico da demarcación de Galicia 2010-2012 de Arquitectos sen Fronteiras prevé unha serie de obxectivos estratéxicos nos que se basea a proposta de Plan de mellora a desenvolver, centrado no consolidamento e na mellora da organización interna da demarcación e da súa visibilidade, cara a aumentar a calidade e eficacia do seu labor. Isto farase dende a perspectiva da aprendizaxe e crecemento, dos procesos e da sustentabilidade económica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- …
- seguinte ›
- última »