FURACÁN IDA
O 7 de novembro prodúcese na costa salvadoreña un furacán de categoría 1 na escala Saffir-Simpson de cinco niveis. O Goberno salvadoreño decretou o estado de urxencia nacional a causa das intensas chuvias producidas en El Salvador tras o paso do Furacán IDA, combinado cun sistema de baixa presión fronte ás costas pacíficas salvadoreñas, que deixou máis de 130 mortes, ao redor de 60 persoas desaparecidas, 13.680 persoas albergadas en 118 centros no ámbito nacional, 209 vivendas totalmente destruídas e 1.835 parcialmente destruídas, 18 pontes caídas, ademais de moitos danos na colleita do feixón. Estas precipitacións foron as máis intensas en 11 anos. Comparativamente co que sucedeu no Mitch a causa do cal durante catro días se recolleron 400mm3, co IDA acadouse a cifra de 355mm3 en catro horas, cos encoros e o solo xa cargado por estar ao final da temporada de chuvias. A FAHG en coordinación coa AECID dispón dunha cantidade para o envío de material de primeira necesidade cara a El Salvador: 150 paquetes de cociña, 100 paquetes hixiénico-familiares, e ao redor de 100 mantas para os damnificados tras o paso do furacán Ida polo Salvador.
AECID
Envío de material de primeira necesidade para paliar a situación dos damnificados tras o paso do furacán.
10000