Proxectos
-
PLAN DE PROMOCIÓN DO TECIDO ASOCIATIVO DE 5 INICIATIVAS DE ECONOMÍA SOLIDARIA EN MATERIA PESQUEIRA, CON ESPECIAL ÉNFASE NO ESTABLECEMENTO DUN PLAN DE EXTRACCIÓN SOSTIBLE E A PROMOCIÓN DO MEDIO. FASE III.
Mellora das condicións de vida de 627 familias do municipio de Tecoluca, Departamento de San Vicente, e dos municipios de San Luís La Herradura e Zacatecoluca, Departamento de La Paz, El Salvador.
-
MELLORA DA CALIDADE DA ATENCIÓN OBSTÉTRICA PRESTADA POLAS COMADROAS TRADICIONAIS E PROFESIONAIS DE ENFERMERÍA DO DEPARTAMENTO DE RETALHULEU, GUATEMALA.
Diminución da morbi - mortalidade materna e perinatal na República de Guatemala.
-
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E DESENVOLVEMENTO ORGANIZATIVO DE ANTA. FASE II.
Contribuír á mellora das condicións de vida-laborais da poboación campesiña no Salvador.
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES E HABILIDADES EMPRENDEDORAS DOS/AS MOZOS/AS E ADOLESCENTES DO SECTOR NOROESTE DE GUAYAQUIL
Contribuír ao desenvolvemento humano sostible dos mozos empobrecidos, excluídos e vulnerables do sector noroeste de Guayaquil - Ecuador.
-
FORTALECEMENTO DA SOSTIBILIDADE DA REDE COMUNITARIA DE MEDICAMENTOS ESENCIAIS E NATURAIS NOS DEPARTAMENTOS DE ALTA E BAJA VERAPAZ, EL QUICHÉ E IZABAL EN GUATEMALA
O proxecto pretende mellorar a cobertura e a calidade da saúde comunitaria a través da Rede Comunitaria de Medicamentos Esenciais, nos departamentos de Alta e Baixa Verapaz, El Quiché e Izabal, en Guatemala.
-
FORTALECEMENTO DE GRUPOS ORGANIZADOS PARA A PESCA ARTESANAL SOSTIBLE E A CONSERVACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS NA ISLA DE OMETEPE
Mellorar os niveis de desenvolvemento humano e reducir a pobreza nas comunidades costeiras da Isla de Ometepe – Nicaragua
-
FORTALECIDAS AS CAPACIDADES PEDAGÓXICO-ORGANIZATIVAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DE 16 COMUNIDADES RURAIS DOS DEPARTAMENTOS DE CHALATENANGO, SAN SALVADOR E LA LIBERTAD.
Mellora da calidade educativa das comunidades rurais dos departamentos de Chalatenango, San Salvador e La Libertad, O Salvador.
-
CICLÓN NARGIS
O 5 de maio desatouse en Myanmar un ciclón, coñecido co nome de Nargis, causando (segundo fonte oficiais) 22.500 persoas falecidas e máis de 41.000 desaparecidas, pero segundo o Consello de Seguridade da ONU a cifra de mortes elévase ata 10.000. Na zona afectada residen entre 23 e 24 millóns de persoas.
-
TERREMOTO EN CHINA
O 12 de maio un sismo de magnitude 7,8 na escala Richter sacudiu o suroeste de China. Nunha primeira valoración calculouse que o número de persoas falecidas ascendía a 12.000, pero a medida que pasan os días aumenta esta cifra de forma vertixinosa, tendo en conta que máis de 300 réplicas, algunha delas de 6 grados de magnitude na escala Richter. As últimas estimacións reflicten uns datos demasiado desoladores, máis de 20.000 persoas se atopan desaparecidas, a maior parte sepultadas entre os escombros.
-
PROXECTO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VIDA E DA ATENCIÓN DE ANCIÁNS NO FOGAR SAN RAFAEL
O Fogar Clínica San Rafael está situado no barrio de Marianao na cidade de La Habana, onde atenden a 120 anciáns residentes no seu centro de día e a través de axuda a domicilio e a selección de anciáns atendidos baséase en criterios de profesionais de asistencia social e principalmente daqueles que viven sós en condicións de vulnerabilidade e de necesidade considerable.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- …
- seguinte ›
- última »