Proxectos

FORTALECEMENTO DA SOSTIBILIDADE DA REDE COMUNITARIA DE MEDICAMENTOS ESENCIAIS E NATURAIS NOS DEPARTAMENTOS DE ALTA E BAJA VERAPAZ, EL QUICHÉ E IZABAL EN GUATEMALA

O proxecto pretende mellorar a cobertura e a calidade da saúde comunitaria a través da Rede Comunitaria de Medicamentos Esenciais, nos departamentos de Alta e Baixa Verapaz, El Quiché e Izabal, en Guatemala.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Izabal (departamento)
El Quiché (departamento)
Baja Verapaz (departamento)
Alta Verapaz (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación de Servicios Comunitarios de Salud (ASECSA)

Código CRS: 
122 - Saúde básica
Obxectivos: 

96 comunidades dos departamentos de Alta e Baixa Verapaz, Quiché e Izabal melloran o seu acceso aos medicamentos esenciais químicos e naturais.

Resultados e actividades: 

- Dotación de bolsas para a realización de estudos no nivel primario e básico.
- Realización dunha xira de intercambio de experiencias de promotores/as de saúde.
- Realizar o seguimento dos/as encargados/as de farmacias e caixas de primeiros auxilios comunitarias da Rede de Medicamentos Esenciais e Naturais.
- Dotación de equipamento e mobiliario a encargados/as de caixas de primeiros auxilios comunitarias.
- Ampliación das capacidades instaladas de 96 caixas de primeiros auxilios comunitarias da Rede Comunitaria de Medicamentos Esenciais.
- Promoción comunitaria dos servizos brindados nas caixas de primeiros auxilios.
- Fortalecer a capacidade económica de promotores/as de farmacias e caixas de primeiros auxilios comunitarias da Rede de Medicamentos Esenciais.
- Realización dun diagnóstico da situación organizativa comunitaria en 96 comunidades de 13 municipios e 15 programas socios.
- Asesoría e acompañamento ás comisións de Saúde de 96 comunidades nas reunións dos órganos de coordinación dos COCODES (Consellos Comunitarios de Desarrollo).
- Asesoría administrativa e técnica a 15 xuntas directivas de programas socios.
- Encontro de intercambio de experiencias de 15 xuntas directivas de programas comunitarios de Saúde.
- Desenvolver xornadas de actualización técnica e promoción de medicamentos esenciais, químicos e naturais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Os beneficiarios directos do proxecto son 25.920 persoas de 96 comunidades dos 13 municipios de referencia do proxecto repartidos entre 4 departamentos de Guatemala.
Indirecta: A poboación indirectamente beneficiada confórmana o resto da poboación situada na área de influencia da actuación e que supoñen un total de 43.220 persoas.

Axudas: 

169919