PROXECTO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VIDA E DA ATENCIÓN DE ANCIÁNS NO FOGAR SAN RAFAEL
O Fogar Clínica San Rafael está situado no barrio de Marianao na cidade de La Habana, onde atenden a 120 anciáns residentes no seu centro de día e a través de axuda a domicilio e a selección de anciáns atendidos baséase en criterios de profesionais de asistencia social e principalmente daqueles que viven sós en condicións de vulnerabilidade e de necesidade considerable. Tamén lles facilita aos anciáns atención médica, sanitaria e farmacolóxica, alimentaria, estimulativa e de animación socio-cultural, ademais dos servizos de lavado e pasado de roupa, de comedor e de alimentación a domicilio.
Fogar Clínica San Rafael
Garantir asistencia sanitaria e de comida básica e dotar de equipamentos para mellorar as condicións de vida e de atención aos anciáns que acoden ao Fogar San Rafael.
15000