Proxectos

MELLORA DA CALIDADE DA ATENCIÓN OBSTÉTRICA PRESTADA POLAS COMADROAS TRADICIONAIS E PROFESIONAIS DE ENFERMERÍA DO DEPARTAMENTO DE RETALHULEU, GUATEMALA.

Diminución da morbi - mortalidade materna e perinatal na República de Guatemala.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA ENFERMERÍA (FUDEN)
Contraparte: 

Ministerio de Salud Pública y Asistencia Social de la República de Guatemala. Unidad Coordinadora del Desarrollo de Enfermería de Guatemala. UDSE.

Código CRS: 
13081 - Formación de persoal para poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Mellora da calidade da atención obstétrica prestada por profesionais de enfermaría e comadroas tradicionais que traballan en comunidades rurais do Departamento de Retalhuleu.

Resultados e actividades: 

- Selección do persoal local para o proxecto.
- Contratación do persoal local para o proxecto.
- Realización de reunións de coordinación entre comadroas, persoal de saúde e persoal das municipalidades.
- Selección das 10 enfermeiras facilitadoras.
- Reunión enfermeiras facilitadoras para a revisión das axudas manuais e visuais para a capacitación de comadroas.
- Reunión das 10 enfermeiras facilitadoras para preparación loxística de formación de comadroas.
- Realización de liña de base de competencias técnicas para comadroas.
- Realización da capacitación para comadroas tradicionais.
- Seguimento do traballo das comadroas formadas na abordaxe dos partos e emerxencias obstétricas.
- Cotización e compra de equipamento clínico para comadroas tradicionais.
- Cotización, compra e transporte á República de Guatemala de equipamento clínico para auxiliares de enfermaría e enfermeiras profesionais.
- Realización das xornadas de capacitación para auxiliares de enfermaría.
- Supervisión do traballo das auxiliares de enfermaría.
- Seguimento e avaliación da liña de base.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Beneficiaranse deste proxecto 150 comadroas tradicionais, 53 auxiliares de enfermaría, 10 enfermeiras profesionais (como facilitadoras) e 2 enfermeiras das áreas de maternidade do hospital do departamento. 215 mulleres.
Indirecta: a poboación de Retalhuleu de 241.411 habitantes.

Axudas: 

121242