Proxectos
-
O PROMETIDO É DÉBEDA
Esta campaña de educación para o desenvolvemento “O prometido é débeda" é a continuación das dúas anteriores que tratan tanto os Obxectivos do Milenio, coma a realidade das mulleres a partires do obxectivo núm. 3 da Declaración do Milenio
-
PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO VOCES DO SUR
Visualizar entre a sociedade galega a realidade dos países do Sur e as consecuencias que das políticas internacionais se derivan, sen esquecer os cambios que se producen a través do traballo das organizacións e da cooperación ao desenvolvemento
-
MELLORA DA EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NA EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA, E DA FORMACIÓN EN COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO NO ÁMBITO UNIVERSITARIO
Promover unha maior conciencia solidaria e a educación en valores na educación formal da nosa comunidade
-
MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA E XESTIÓN LOCAL PARA O EXERCICIO DO DEREITO Á EDUCACIÓN DOS/AS NENOS/AS E MOZOS/AS DE FAMILIAS INDÍXENAS E FAMILIAS CAMPESIÑAS NOS NÚCLEOS ESCOLARES IGUEMBE, ITY E LA TAPERA NO MUNICIPIO VILLA VACA GUZMÁN CHUQUISACA – BOLIVIA
Mellorar a calidade educativa do distrito de Vila Vaca Guzmán para a poboación dos grupos sociais guaraní e campesiñas, especialmente nenas e novas mulleres, reducindo as marxes de exclusión social e a disparidade de xénero no sector educativo no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM)
-
FORMACIÓN A TRAVÉS DE ACTIVIDADES LÚDICO-EDUCATIVAS A COLECTIVOS SOCIAIS, MOCIDADE E PERSOAL DOCENTE DE 24 INSTITUTOS SOBRE DEREITOS HUMANOS, CIDADANÍA E INTERCULTURALIDADE
Fomentar o coñecemento e a solidariedade así como facilitar ferramentas a colectivos sociais, estudantado e profesorado da Comunidade Autónoma galega para incorporar o enfoque intercultural e de cidadanía na súa práctica diaria
-
PROGRAMA EDUCATIVO E ACCIÓNS DE SENSIBILIZACIÓN PARA UN CONSUMO CONSCIENTE E UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE
Concienciar á sociedade en xeral, e en particular á comunidade educativa, sobre a necesidade dun consumo responsable e das alternativas de comercio respectuosas coa dignidade humana e a conservación do medio ambiente
-
OLLADAS DESDE O GOLFO DE FONSECA, CENTROAMÉRICA
Contribuír ao recoñecemento da prioridade ambiental como clave para mellorar as condicións de vida das comunidades empobrecidas
-
CONTRA A CRISE ALIMENTAR: CONSUMO, PRODUCIÓN, POLÍTICAS E COOPERACIÓN
Conseguir un cambio social en Galicia a favor da soberanía alimentaria dos pobos como novo paradigma para a loita contra a pobreza
-
CAMPAÑA FOMENTO CONSUMO RESPONSABLE
O proxecto incide no fomento dun consumo responsable e dunha oferta e alternativa real de comercio xusto
-
APOIO A ACTIVIDADES DA CAMPAÑA “TU TURNO, MI TURNO, CONSUMO RESPONSABLE
O proxecto consiste na realización de talleres de solidariedade que queren sensibilizar sobre o consumo responsable
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- …
- seguinte ›
- última »