Proxectos

FORMACIÓN A TRAVÉS DE ACTIVIDADES LÚDICO-EDUCATIVAS A COLECTIVOS SOCIAIS, MOCIDADE E PERSOAL DOCENTE DE 24 INSTITUTOS SOBRE DEREITOS HUMANOS, CIDADANÍA E INTERCULTURALIDADE

Fomentar o coñecemento e a solidariedade así como facilitar ferramentas a colectivos sociais, estudantado e profesorado da Comunidade Autónoma galega para incorporar o enfoque intercultural e de cidadanía na súa práctica diaria

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ACSUR LAS SEGOVIAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Proporcionar unha adecuada formación a través de actividades lúdico-educativas a colectivos sociais, a mozos e mozas e persoal docente de 24 institutos sobre dereitos humanos, cidadanía e interculturalidade.

Resultados e actividades: 

- Investigación: contactar e entrevistar a inmigrantes de primeira e segunda xeración, estudantes de secundaria, educadores e traballadores/as sociais.
- Organizar o espazo de traballo, o calendario e a edición de publicidade para o obradoiro.
- Realización dun obradoiro de 40 horas de duración no que participarán 50 inmigrantes e/ou persoas membros de colectivos sociais galegos.
- Elaboración do guión coas propostas feitas polos/as participantes ao obradoiro do Teatro do Oprimido.
- Ensaios do guión, composición da música, produción de atrezzo e vestiario.
- Difusión e solicitude aos institutos para a representación da obra teatral nos centros.
- Representación de 24 obras teatrais seguindo a metodoloxía do Teatro do Oprimido coa súa correspondente parte de foro - debate na que estudantado e docentes participan activamente.
- Tradución e edición da guía xuvenil: Cidamundeando: Ferramentas para a interculturalidade.
- Realización de 24 obradoiros formativos para o estudantado e profesorado de 24 institutos de Galicia, que acheguen ferramentas participativas que permitan traballar e reflexionar colectivamente sobre as ideas e conceptos a desenvolver no proxecto, e por outra permitan desenvolver e trasladar o debate a súa práctica diaria.
- Difusión do material editado nos centros educativos, asociacións, ONGD, colectivos, sindicatos, etc. 

Poboación beneficiaria: 

Directa:
O obradoiro do Teatro Oprimido a un grupo de 50 mozos/as inmigrantes e xente de colectivos sociais, a obra de Teatro Forum chegará a 2400 estudantes e 72 docentes dos 24 institutos participantes, as actividades educativas-pedagóxicas propostas na guía “Cidamundeando" a 2.400 estudantes e 72 docentes.
Indirecta:
Inmigrantes residentes na Comunidade Autónoma galega, persoas de colectivos sociais que traballan con inmigrantes ou interesados/as no tema.

Axudas: 

23000